Alcaldes con voz propia e non delegados de Feijóo

Alcaldes con voz propia e non delegados de Feijóo

Alcaldes con voz propia e non delegados de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe en Lugo no mitin central xunto co alcalde e candidato, José López Orozco, e a número 2 da candidatura e vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez. Besteiro apelou á xente que aínda non ten decidido o seu voto para que elixan “alcaldes con voz propia” necesarios para defendelos da “irresponsabilidade” da dereita, e non “delegados do PP e da nefasta xestión de Rajoy e Feijóo”.

Para exemplificar esa mala xestión, o socialista aludiu a un recente estudo que alerta de que a hucha das pensións pode esgotarse en cinco anos. “Rajoy non para de sacar cartos do Fondo de Reserva da Seguridade Social, o que coñecemos como a hucha das pensións, que os socialistas deixamos con 67.000 millóns. En só tres anos, Rajoy gastou a metade dese diñeiro”, dixo. “En Galicia e en Lugo, que temos moita xente maior con fillos no paro, vemos como o que parecía intocable, a dereita o destrúe por mala xestión económica”.

En Galicia, “lonxe de botar unha man ás persoas maiores”, Feijóo “dedícase a recortar prestacións sociais e servizos sanitarios” nos hospitais da Xunta. “Se Rajoy fai perigar as pensións desde Madrid, e Feijóo recorta os servizos sanitarios dende a Xunta, como imos a permitirnos ter tamén un Alcalde de dereitas que baixe a cabeza ante esta situación?”, preguntouse Besteiro. “Necesitamos alcaldes como os do partido socialista, capaces de ter o concello saneado e seguir prestando servizos aos maiores, establecendo unha barreira de protección fronte a irresponsabilidade social da dereita”.

O socialista afirmou que “á dereita e a Feijóo, Lugo segue a quedarlles moi lonxe”, sobre todo “á hora de amosar un mínimo de sensibilidade cos seus veciños”, e reiteroulle a oferta da Deputación de financiar o servizo de Hemodinámica as 24 horas. “Pídolle a Feijóo que exerza por unha vez de Presidente de todos os galegos e supere dunha vez por todas que o PP non goberne en Lugo, sobre todo porque vai a seguir sen gobernar”, dixo.

O secretario xeral do PsdeG trasladoulle aos lucenses que “Lugo non debe cambiar o alcalde que máis a fixo crecer como cidade por unha persoa que renega dos seus veciños”. Porque o “máis triste”, dixo, “é que o PP non só non fai nada desde a Xunta por esta cidade, senón que os emisarios do PP na cidade e na provincia seguen a defender irracionalmente os argumentos do seu partido por riba dos argumentos dos veciños e das súas familias”.

Así, o PP “non so demostra que é capaz de traizoar a aqueles que lle votaron”, senón tamén “ser un partido completamente insensible cos problemas dos que lle votaron e que eles mesmos causan”. “Non lle deades a confianza a unha persoa que vos pide o voto e logo vota en contra de Lugo no Parlamento galego! Non cambiedes a Orozco por un renegado dos lucenses!”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar