Alberto Fidalgo valora as medidas do Goberno para que as familias poidan facer fronte ás hipotecas

Alberto Fidalgo valora as medidas do Goberno para que as familias poidan facer fronte ás hipotecas

Alberto Fidalgo valora as medidas do Goberno para que as familias poidan facer fronte ás hipotecas

O deputado socialista por Ourense e voceiro de Consumo no Congreso dos Deputados, Alberto Fidalgo, valora de forma moi positiva as medidas anunciadas polo presidente do Goberno durante o Debate do Estado da Nación para ofrecer maior seguridade ás familias que deban afrontar o pagamento dun crédito hipotecario sobre as súas vivendas.

Estas novas medidas serán de protección das persoas suxeitas a procedementos de execución hipotecaria pola imposibilidade de atender aos seus compromisos de pagamento, así como para aquelas familias con dificultades de pagamento das súas hipotecas, pois a contía dos ingresos non embargables pasará de 641 euros mensuais ata agora aos 1.000 euros con carácter semanal e, por exemplo, a case 1.350 euros para quen teña a cargo a dous membros do seu núcleo familiar sen ingresos. Tamén anunciou Zapatero que o Goberno estuda como corrixir os procesos de execución hipotecaria nalgúns supostos abusivos.

O anuncio de Zapatero sobre estas medidas fai previsible que mañá, na votación do debate do Estado da Nación no Congreso, se aprobe a resolución do Grupo Socialista neste sentido, pola que se insta ao Goberno entre outras cuestións a: adoptar medidas que garantan o mantemento real dos bens nos procedementos de execución hipotecaria, evitando calquera posibilidade de abuso sobre o debedor hipotecario ou de malbaratamiento dos bens; manter a solvencia xeral do sistema hipotecario español evitando reformas indiscriminadas que trasladen ao conxunto do sistema a responsabilidade dos debedores que non se encontran en situacións de necesidade; e a impulsar as medidas que poidan derivarse das propostas da Subcomisión de análise e posible reforma do Sistema Hipotecario español, especialmente as que permitan aliviar o risco de execución hipotecaria sobre a vivenda familiar en casos extremos e sempre nun procedemento xudicial que permita avaliar as circunstancias do debedor e a súa excepcionalidade.

Fidalgo destaca a importancia destas medidas, pois recorda que "a crise económica repercutiu negativamente na solidez do sistema financeiro pero tamén e sobre todo na seguridade de moitas familias que contrataran un crédito hipotecario e que por dificultades económicas ven en risco agora a súa vivenda".

"Este é un problema moi complexo que non se pode tratar demagoxicamente posto que, por un lado, o volume das hipotecas pendentes de pagamento podería poñer en risco o sistema financeiro e, por outro, hai que lograr compromisos e adoptar medidas que acheguen garantías e maior seguridade ás familias hipotecadas para que poidan facer fronte aos pagamentos da súa hipoteca e evitar así o deshaucio ou a perda da súa vivenda" -incide.

O deputado ourensano apunta ademais que mañá arranca ademais no Congreso a "Subcomisión de análise e posible reforma do Sistema Hipotecario Español", cuxa creación foi aprobada recentemente pola Comisión de Vivenda do Congreso.

Na súa primeira reunión, a Subcomisión fixará o calendario e a metodoloxía de traballo a seguir, e decidirá así mesmo os comparecentes que intervirán nas diferentes reunións desta. Como Voceiro de Consumo, Fidalgo participará nas reunións desta Subcomisión en representación dos intereses dos consumidores. Precisamente, este foi un dos cabalos de batalla do deputado durante esta lexislatura, en colaboración co Consello de Consumidores de España e distintas Asociacións de Consumidores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar