Alberto Fidalgo destaca a eficacia do Sistema Nacional de Transplantes

Alberto Fidalgo destaca a eficacia do Sistema Nacional de Transplantes

Alberto Fidalgo destaca a eficacia do Sistema Nacional de Transplantes

Na súa última intervención no Pleno do Congreso, Alberto Fidalgo realizou unha pregunta oral á Ministra de Sanidade, na que destacou “os miles de españois que cada ano gozamos da inmensa sorte de nacer en España; un país capaz de construír solidariamente un sistema de transplantes que dá vida aos seus cidadáns e é a envexa do mundo enteiro”.

En contraposición, citou a situación doutros países nos que impera o mercado de órganos e asegurou que “un mercado neoliberal de riles equivalería a permitir a escravitude”.

Así mesmo, advertiu que “en moitas Comunidades Autónomas hai preocupación polos bocados que a dereita dá á educación e á sanidade e, desde hai algún tempo, millóns de españois que soportan unha enfermidade crónica levántanse cada día expectantes ante a ameaza latente de ver recortadas as súas prestacións sanitarias ou ter que pagar por elas”.

Con todo, resaltou que “o compromiso socialista coa sanidade é un feito histórico” e que “desde hai 25 anos un gran esforzo colectivo, permitiunos levantar e consolidar un excelente sistema nacional de saúde, universal, público e gratuíto, moi ben valorado polos cidadáns aos que ofrece seguridade cada día e, a moitos deles, esperanza e vida renovada cun transplante”.

Pola súa banda, a Ministra de Sanidade, Leire Pajín, coincidiu con Fidalgo en que o sistema nacional de saúde, e o de transplantes, de España é o mellor do mundo “porque é público e solidario” –incidiu.

Como exemplo, indicou que “nesta lexislatura mantivemos as taxas anuais de doazón, entre os 32 e 34,4 doantes por millón de habitantes, o dobre da media europea e unha das máis altas de mundo”, que “en só 3 anos incrementamos do 7 ao 15% a doazón de transplantes de vivo renais” e que “España lidera a Estratexia Europea para mellorar as taxas de doazón e de transplante”.

No entanto, para Pajín este sistema podería estar en xogo e, por iso, pediu ao grupo socialista e ao propio deputado Alberto Fidalgo “que non permitan que este sistema cambie”.

Neste sentido, a Ministra de Sanidade destacou “o traballo e a brillante traxectoria” do deputado socialista ourensán, e sostivo que Fidalgo, xunto con outros parlamentarios socialistas, contribuíron ao noso magnífico sistema nacional de saúde, e tamén de transplantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar