Alarma polas repercusión do proteccionismo de Trump sobre a auxiliar do automóbil de Galicia

Alarma polas repercusión do proteccionismo de Trump sobre a auxiliar do automóbil de Galicia

Alarma polas repercusión do proteccionismo de Trump sobre a auxiliar do automóbil de Galicia

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que “preste atención” ás posibles repercusións negativas da política proteccionista do presidente dos Estados Unidos sobre a industria auxiliar do automóbil. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para a Xunta “estude e diga algo” sobre esta situación, que foi rexeitada polo PP.

Losada advertiu que a política ultraproteccionista de Donald Trump, que ten posto no punto de mira á industria do automóbil de México, ata o momento beneficiada por importantes exencións no mercado estadounidense, pode repercutir negativamente naquela. Advirte que este país é precisamente un dos focos máis importantes da expansión da industria galega auxiliar da automoción, co que a repercusión pode ser importante.

Así, dixo que “fronte a estas expectativas de crecemento, os riscos para a industria mexicana de automoción son neste momento moi elevados, xa que pode haber un efecto dominó en outras compañías e industrias que sigan o exemplo”.

Explica ademais que o conglomerado da industria auxiliar do automóbil de Galicia ten entre os seus clientes, ademais da planta viguesa de PSA, a marcas europeas e, especialmente ás americanas General Motors ou Ford. Esta última ten cancelado precisamente un investimento de 1.600 millóns para unha planta en México como consecuencia directa da política de Trump.

Os socialistas galegos propuñan a constitución dun grupo de traballo no que se integren o Grupo PSA, as empresas auxiliares da automoción e os sindicatos “para avaliar o impacto que as políticas comerciais anunciadas polo novo presidente dos USA poden ter no sector da automoción galego, así como definir as mellores estratexias a seguir para minorar os seus efectos na produción e no emprego”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar