Aído e Seara apostaron polos concellos como “elemento imprescindible” na loita contra a violencia de xénero e na integración das mulleres

Aído e Seara apostaron polos concellos como “elemento imprescindible” na loita contra a violencia de xénero e na integración das mulleres

Aído e Seara apostaron polos concellos como “elemento imprescindible” na loita contra a violencia de xénero e na integración das mulleres

A secretaria de Estado de Igualdade do PSOE, Bibiana Aído, xunto á secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, mantivo un encontro coas candidatas socialistas ás alcaldías galegas, na que tamén participou o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, a portavoz de Igualdade no Parlamento, Silvia Fraga, así como secretarias de Igualdade das executivas provinciais e deputadas.

Bibiana Aído destacou ao comezo do acto a súa satisfacción por ter oportunidade de abordar coas candidatas municipais as políticas de igualdade e a súa aplicación no eido local, e considerou “imprescindible” a implicación dos concellos.

“Necesitamos ayuntamientos implicados en la lucha contra la violencia de género; que apuesten por el desarrollo de los planes de igualdad, que incentiven a las empresas que realizan estos planes, y que apuesten por la reducción de las brechas de género que lamentablemente siguen existiendo”, señalou Aído.

A secretaria de Estado de Igualdade subliñou que a loita contra a violencia de xénero é unha das preocupacións fundamentais do Goberno central “pero no podemos hacerlo en solitario, necesitamos la implicación de las comunidades autónomas y de los ayuntamientos, y del conjunto de la sociedad”.

A este respecto, a responsable de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, apuntou que o programa marco dos socialistas galegos recollerá “unha ampla batería de propostas para fomentar máis e mellor e igualdade”.

Salientou que existe un amplo marco normativo en materia de loita contra a violencia de xénero do Goberno central, no que as administracións locais teñen “un papel fundamental” e incidiu na conciliación e a corresponsabilidade, “que non é un problema das mulleres, senón un dereito social”.

Seara apuntou que o programa dos socialistas galegos incluirá tamén propostas relacionadas co fomento do emprego “porque a administración local xoga un papel moi importante nos proxectos para a inserción laboral das mulleres, sobre todo as que sofren maior risco de exclusión social”.

Lei da familia
Preguntada pola postura do PSdeG respecto á Lei da Familia do Goberno de Feijóo, Seara cualificouna como “un paso atrás” e criticou que se presente esta normativa “en contra da inmensa maioría da sociedade”.

Seara expresou a súa preocupación porque “Feijóo e o seu goberno ultimamente están a dar pasos condicionados por unha minoría, ruidosa pero minoritaria, escorada á dereita máis dereita”, e considerou que “iso non debe ser o que marque as políticas do futuro de Galicia”.

Lamentou que o Goberno galego opte por unha lei “regresiva, que relega ás mulleres ao ámbito do doméstico e o privado” e que vai en contra da filosofía de que a igualdade xera emprego e riqueza.

Incidiu en que esta norma “non ten nada que ver con aquelo polo que está a traballar o Goberno central ou os países máis avanzados”. “A igualdade non é só xustiza social, senón un elemento de recursos humanos. Os países máis igualitarios son os máis eficaces, porque non se pode prescindir da metade do talento dun país”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar