Agravio inaceptable e pasividade da Xunta mentres Galicia ten a gasolina mais cara da península

Agravio inaceptable e pasividade da Xunta mentres Galicia ten a gasolina mais cara da península

Agravio inaceptable e pasividade da Xunta mentres Galicia ten a gasolina mais cara da península

GasolineraO portavoz de Comercio do Grupo Socialista, Manel Gallego, considera un “inaceptable agravio” e “discriminación intolerable” que Galicia teña os carburantes máis caros da península diante do desleixo da Xunta. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Industria diante do desleixo do goberno galego diante desta situación.

Sinala que, en lugar de tomar medidas, o Goberno de Feijóo aplica un sobrecargo de 4,8 céntimos de impostos autonómicos que son competencia unica e exclusivamente da Xunta. Critica que a situación continúe igual logo de dez meses de que o presidente da Xunta anunciara un paquete de medidas para rebaixar os prezos, e que mesmo diante dunha baixa xeneralizada do petróleo, o prezo dos carburantes continúe subindo.

Gallego cualificou de “propaganda e publicidade” as medidas anunciadas e non executadas polo presidente da Xunta, que permanece impasible mentres Ourense, Lugo e Pontevedra teñen o carburante mais caro da península, e Galicia conte co dubidoso mérito de albergar 44 das 50 gasolineiras mais caras de España, de acordo coa Comisión Nacional do Mercado da Competencia.

Explicou que un sobrecuste de 5 céntimos por litro de gasóleo supón que os galegos e galegas paguen en torno a 9 euros mais por encher o depósito dun vehículo cunha capacidade media de 50 litros.

Considera absolutamente insuficiente que o papel da Xunta se limite a remitirlle un informe á Comisión Nacional do Mercado da Competencia, lembrou que o goberno galego ten competencias abondo para tomar medidas “eficaces e efectivas” para resolver o agravio cos consumidores galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar