Agochamento sistemático da situación do Hospital de Vigo pola TVG

Agochamento sistemático da situación do Hospital de Vigo pola TVG

Agochamento sistemático da situación do Hospital de Vigo pola TVG

crtvgA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe o “agochamento sistemático” do “fracaso” do Hospital privatizado de Vigo por parte da CRTVG. Acuña presentou dúas preguntas na Comisión da CRTVG celebrada hoxe polo tratamento parcial e subxectivo da manifestación contra a privatización do centro e da visita da ex conselleira de Sanidade ao inmoble.

Acuña desbotou hoxe as desculpas do director xeral da CRTVG, quen xustificou que “ás veces as cousas fanse mal”, o que na opinión da deputada socialista son “desculpas de mal pagador”, polo tratamento deliberadamente parcial a favor do partido do goberno. Dixo que a realidade é que “sistematicamente o están facendo mal” pero “curiosamente beneficiando sempre aos mesmos cos seus erros”.

Lembrou que a información da dita manifestación eludiu incluír imaxes da súa magnitude e, logo dos 50 segundos dedicados á mesma con declaracións dos líderes de PSdeG e BNG, esquecendo ao alcalde da cidade, incluíu 65 segundos de declaracións do portavoz de Sanidade do PP, Miguel Santalices, e do presidente da Xunta criticando aos manifestantes.

Acuña sinalou que o tratamento da manifestación en contra da privatización do Hospital de Vigo é o exemplo palmario da estratexia da CRTVG de agochar o “conflito enorme cos usuarios e cos profesionais” provocado pola xestión do goberno de Feijóo do dito centro hospitalario.

Visita accidentada

Lembrou así o tratamento da visita accidentada da ex conselleira Rocío Mosquera ás instalacións do Hospital, que diante das protestas tivo que cruzar “literalmente á carreira” o primeiro corredor ata chegar xunto á seguridade, que se atopaba na segunda planta.

O único medio que non retransmitiu as ditas imaxes, lembrou, foi a TVG, que preferiu “un vídeo da conselleira relaxada diante dunha camilla para agochar o que realmente estaba a acontecer”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar