Afirman que recuperarán as aeronaves e o control sobre o salvamento marítimo si gobernan a Xunta

Afirman que recuperarán as aeronaves e o control sobre o salvamento marítimo si gobernan a Xunta

Afirman que recuperarán as aeronaves e o control sobre o salvamento marítimo si gobernan a Xunta

Marisol Soneira reproba a valoración en 5 millóns de euros dos helicópteros Pesca I e Pesca II que custaron 27 millóns de euros en 2005 e que a Xunta inclúe nunha “venda teledirixida” á única empresa que pode asumir este tipo de contratos

Sorprende especialmente a valoración da Xunta destes aparatos, que, segundo os técnicos de salvamento, acadan precisamente o seu valor óptimo, logo da revisión dos cinco anos de funcionamento, sendo maior incluso ao do momento de compra

Dentro de cinco anos estes helicópteros, dos mellores do mercado, xa non serán de titularidade da Xunta, e nada impedirá que se vendan a outros servizos de rescate interesados nestes modelos

Ao remate de toda a operación, Soneira cifra en 120 millóns de euros o custe total dos helicóptero aos galegos e galegas, sen que ó final sexan propiedade da Xunta

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, adiantou ao Subsecretario Xeral de Pesca, Sexto Bermúdez, que o PSdeG-PSOE, do obter a confianza dos cidadáns para gobernar, revocaría o contrato e volvería o control do Salvamento Marítimo á Xunta, así como sobre a titularidade do seu patrimonio, posto agora á venda pola Xunta.

“Teñen toda a lexitimidade”, dixo Soneira, que puxo de exemplo ao propio Goberno central, tamén dos populares, que non se lle ocorreu de ningún modo a externalización do patrimonio adquirido en Salvamento, “e menos para non volver poder a recuperalo á finalización do contrato”.

A parlamentaria socialista, manifestou o seu malestar pola incomparecencia do Secretario Xeral da consellería, “que permanece oculto desde a aprobación do decreto de taxas ao salvamento”, e logo preguntou ao representante enviado pola consellería pola valoración final dos helicópteros Pesca I e Pesca II.

Estes dous aparatos foron valorados pola Xunta en 5 millóns de euros, cando custaron 27M€ en 2005. A sorprendente rebaixa na taxación é aínda máis sospeitosa para os socialistas se temos en conta que o valor dos helicópteros se incrementa sobre o de compra logo de pasar a revisión dos cinco anos.

Dentro de cinco anos estes helicópteros, dos mellores do mercado, xa non serán de titularidade da Xunta, e nada impedirá que se vendan a outros servizos de rescate interesados nestes modelos. Ou que a empresa adxudicataria opere con eles noutras zonas que lle resulten máis rendibles.

A deputada socialista relaciona o incremento no contrato que saca a concurso a Xunta co feito de corrixir este desfase na valoración. Advirte Soneira que, ao final “algo que nos ía saír moi barato vai acabar custando, ao remate da operación, 120 millóns de euros”, e o que é peor, destaca, “os helicópteros non serán propiedade do Goberno galego”.

O contrato para a xestión das naves de salvamento no mar só pode ser asumido neste momento por unha empresa, INAMER, polo que “se trata dun contrato teledirixido” desde a Xunta, denuncia a deputada socialista.

Na relación de preguntas que dirixiu hoxe ao Goberno, Soneira interesouse tamén por outro apartado importante desta relación contractual, como é a remuneración do persoal dos helicópteros. Recriminou á Xunta non ter manifestado interese pola situación laboral dos empregados da empresa que vai xestionar estes helicópteros. A portavoz de pesca advertiu de que a pregunta se fundamenta nas queixas do persoal da empresa relativas a presións para traballar máis horas do aconsellado “nun traballo tan sensible” como o do salvamento no mar.

Recordou que, en situación de crise, “as persoas traballan onde se lle ofrece” e a cuestión das condicións laborais “pode ser un asunto moi perigoso, porque se trata de salvar vidas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar