Afirman que as mulleres vítimas de violencia de xénero non son unha prioridade para o goberno de Feijóo

Afirman que as mulleres vítimas de violencia de xénero non son unha prioridade para o goberno de Feijóo

Afirman que as mulleres vítimas de violencia de xénero non son unha prioridade para o goberno de Feijóo

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga interveu no Pleno da Cámara para coñecer as explicacións do Goberno de Feijóo por non darlle prioridade ás mulleres vítimas de violencia de xénero no acceso as súas accións formativas para a empregabilidade, segundo a Orde do 30 de decembro de 2010. A deputada asegura que as mulleres “vítimas de violencia de xénero deixaron de ser unha prioridade para a Xunta”.

Fraga dixo que a política de igualdade en Galicia “vai cara atrás coma o cangrexo”. E asegura que non “esperaba estes ataques tan frontais, directos, indignos e inmorais as medidas encamiñadas a erradicar a violencia de xénero”.

A deputada lembrou que a Xunta de Galicia está obrigada por lei e polo establecido nunha Orde aprobada polo actual goberno a priorizar no acceso á formación as mulleres desempregadas que sofren violencia de xénero. Así, aludiu ó establecido na Orde de 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na comunidade autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2011, dicía:

“artigo 17º.-persoas destinatarias da formación.

1. As accións formativas irán dirixidas prioritariamente aos traballadores/as desempregados/as para tal efecto, a consideración de desempregado virá determinada pola súa inscrición como demandante no servizo público de emprego de Galicia con data anterior á súa incorporación ao curso. se durante o desenvolvemento dun curso algún alumno/a é contratado, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que haxa total compatibilidade entre o horario formativo e o laboral.

2. terán preferencia para a participación nos cursos as persoas desempregadas de longa duración, as mulleres, especialmente aquelas que sufran violencia de xénero, persoas desempregadas con baixa cualificación, persoas discapacitadas, emigrantes retornados, persoas en risco de exclusión social e persoas desempregadas que estean nun itinerario personalizado. para estes efectos enténdese por persoas en risco de exclusión as persoas desempregadas en que concorran algún dos factores ou situacións enumeradas no artigo 2º do decreto 156/2007, do 19 de xullo, sempre que tal situación a certifiquen os servizos sociais públicos correspondentes.”

Tamén aludiu a Lei Galega de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero aprobada nesta cámara. E concretamente ao artigo 35, contido no título II: protección e asistencia fronte á violencia de xénero, capítulo IV medidas no ámbito da formación e do emprego

“artigo 35.-medidas específicas no ámbito da formación e do emprego.
1.co fin de favorecer a integración sociolaboral das mulleres que sofren violencia de xénero, a xunta de Galicia adoptará as seguintes medidas:”

E concretamente no seu apartado e) establece:

“e) a integración preferente das mulleres que sofren violencia de xénero en todos os programas de formación profesional, ocupacional e continua, e de inserción laboral que se poñan en marcha desde a xunta de galicia. os cursos de formación profesional ocupacional deberán prever axudas económicas para as mulleres que sofren violencia de xénero, segundo as condicións que regulamentariamente se establezan.”

Compromiso de Alfonso Rueda

A parlamentaria socialista tamén recordou as declaración realizadas consonte a lei en sede Parlamentaria polo Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda nas que asegurou que se poñerían en marcha programas de apoio á contratación e á formación de mulleres desempregadas, figurando ás mulleres como colectivo preferente, e dicía que tamén figuraría como colectivo preferente o das mulleres que sofren violencia de xénero.

Así as cousas a deputada denunciou que a instrución da Consellería de Traballo que establece como deben proceder os empregados do servizo público de emprego de Galicia para seleccionar as persoas desempregadas que van a acceder ás accións formativas da Xunta de Galicia “non prioriza as mulleres que sofren violencia de xénero”.

No turno de replica a deputada socialista insistiu nas súas criticas a preguntoulle á Conselleira por que na instrución interna da Consellería de traballo non aparecen contempladas as mulleres que sofren violencia de xénero, cando é unha obriga legal.

Silvia Fraga asegura que en Galicia hai 132.656 mulleres en paro, e asevera que a situación económica da muller galega é moito peor que hai dous anos. E criticou que o Goberno de Feijóo reduciu o orzamento e o programa destinado a prevención da violencia de xénero nun 14,5%, e engadiu “e deixou sen executar o 46,6%% do programa destinado a accións para a igualdade, a protección e a promoción da muller”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar