Afirman que as contas de Feijóo rebáixanse en 900 millóns de euros

Afirman que as contas de Feijóo rebáixanse en 900 millóns de euros

Afirman que as contas de Feijóo rebáixanse en 900 millóns de euros

Abel Losada afirmou que a tramitación do calendario dos orzamentos da Xunta no Parlamento “axustase ao calendario mediatico de Feijoo”

Dixo que as contas de Feijoo “céntranse nos recortes, caiga quen caiga”, e fronte a isto “non se prantexan ningún incremento dos ingresos fiscais senón todo o contrario”

Sobre o Fondo de crecemento cun investimento de 386 millóns de euros, preguntouse “de onde saen?”. Denuncia que esta partida “é un vulgar corta e pega do IGAPE, que nos pasados anos executou menos do 50% do seu orzamento”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada afirmou hoxe que a tramitación do calendario dos orzamentos da Xunta no Parlamento “axustase ao calendario mediatico de Feijoo”.

Losada fixo estas declaracións na rolda de presa posterior á Xunta de Portavoces, e lembrou que Feijoo dixo que as contas estarían aprobadas no Consello da Xunta do ano 2012, e prorrogou os orzamentos “só dous meses”. Polo tanto replica que a “independencia do lexislativo voa polos aires, mediante o imperativo categórico do PP co fin de axustarse ao calendario mediatico de Feijoo”.

Máis polo miúdo analizou as contas autonómicas e asegurou que o Goberno do PP “xoga a cerimonia da confusión”. Por un lado denuncia que “os datos comparativos presentados pola Consellería de Facenda comparando o orzamento inicial de 2013 co orzamento de 2012, son datos radicalmente falsos e erróneos”. Xa que sinala que “esta comparación debe realizarse co orzamento inicial do ano 2013, e co orzamento inicial do ano 2012”.

Losada dixo que o resultado desas comparativas dá como un resultado “un recorte de case 900 millóns de euros”, o que supón un 9.7%. Por iso insistiu “non valen trucos de prestidixitación barato para escamotear unha realidade enormemente dura”. Polo tanto o recorte anunciado pola Xunta dun 2.5% “é completamente falso”.

Doutra banda, o dirixente socialista denuncia “outra inocentada cruel” coa presentación destes orzamentos, xa que asevera que “perseveran no erro”. Afirma que a súa unica finalidade “é manter a imaxe mediatica de Feijoo como un bo xestor”, e insistiu nas súas criticas “unha imaxe falsa como ben demostran os Informes do Consello de Contas”.

Así as cousas Losada afirma que as contas de Feijoo “céntranse nos recortes, caiga quen caiga”, e fronte a isto “non se plantean ningún incremento dos ingresos fiscais senón todo o contrario”. E proseguiu “non se escoitou nin unha soa palabra contra a loita fiscal, pero tampouco nos estraña xa que o PP impulsou a amnistía fiscal en España, e aínda onte xustificaba de xeito escandaloso que as SICAV tributaran o 1%”. E puntualizou “pois se non tributan que se deslocalicen”.

Discurso da crueldade

O portavoz do Grupo Socialista dixo que o anuncio feito polo Goberno de Feijoo sobre o investimento en gasto social “nun 77%”, di que esta porcentaxe “está no discurso da crueldade” . Asegura que “os galegos ven hoxe reducidas as súas prestación sanitarias, en educación, dependencia, nos comedores escolares, ...”. E afirmou “non hai incremento no gasto social iso é rotundamente falso”.

Tamén aludiu as previsións macroeconómicas da Xunta e argumentou que había unha previsión do teito de gasto “nun 0.4% do PIB”, pero agora presentase unha caída do “0.9%”, o que supón mais do dobre, pero os fondos dispoñibles son os mesmos. Dixo que “non se pode xogar cos cidadáns, con representantes da oposición e cos medios de comunicación”. E resumiu “a Consellería de Facenda debería de poñerse colorada”.

Sobre a redución do déficit, co fin de cumprir os compromisos establecidos polo Estado, previsto dun 0.7%, dixo que esta cifra “ten truco”. Sinala que “detrás desta decisión ideolóxica hai axenda oculta para focalizar a redución do déficit fronte a redución do Estado Central, xa que se ataca frontalmente aos grandes servicios públicos que realizan estas Comunidades, fundamentalmente en educación e sanidade, co fin de favorecer a privatización dos mesmos”.

Losada replica que sobre isto “Feijoo non di absolutamente nada, e si hoxe en dia os grandes servicios públicos están en cuestión en Galicia é porque hai unha decisión política do Goberno central de afogar a quen os presta, e Feijoo e o PP consenten”, esta situación.

Por último aludiu ao Fondo de crecemento cun investimento de 386 millóns de euros, preguntouse “de onde saen?”. Denuncia que esta partida “é un vulgar corta e pega do IGAPE , que nos pasados so executou menos do 50% do seu orzamento”. E insistiu “non é posible que baixen os orzamentos, que se manteñan os servicios públicos e que aumente o Fondo para o crecemento”, espetou.

Falla de sensibilidade cos estafados de NGB

O portavoz socialista dixo que Feijoo prantexou unha cuestión indecente cando afirmou que os inversores das grandes fortunas de NGB actuaron de boa fe “eu lamento non ter escoitando isto nunca cando se refería aos aforradores estafados das preferentes e da débeda subordinada”, espetou. Feijoo dixo que ia falar co FROB “pero non dos usuarios, dos estafados, dos empregados ou da Obra Social , dixo que vai falar para defender os 70 millóns de euros das grandes fortunas de Galicia”.

Losada asegura que Feijoo “só defende a uns o que demostra a súa falla de sensibilidade social, e tamén demostra para quen goberna”, algo que cualificou como “unha inmoralidade que non é digna do Presidente da Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar