Afirman que as comparecencias no Congreso de Gayoso e Fernández Ordoñez evidencian que Feijóo forzou a fusión fallida das caixas galegas

Afirman que as comparecencias no Congreso de Gayoso e Fernández Ordoñez evidencian que Feijóo forzou a fusión fallida das caixas galegas

Afirman que as comparecencias no Congreso de Gayoso e Fernández Ordoñez evidencian que Feijóo forzou a fusión fallida das caixas galegas

A preguntas de Miguel Cortizo, Fernández Gayoso negou coñecer a auditoría en que Feijóo baseou toda a operación e que garantía a solvencia e viabilidade da fusión

Abel Losada anuncia que os socialistas volverán a pedir a comparecencia do Presidente no Parlamento de Galicia e a apertura dunha comisión de investigación sobre este asunto

Os socialistas consideran que tanto a comparecencia de Julio Fernández Gayoso, co-presidente de Nova CaixaGalicia, na Comisión parlamentaria como a anterior de Miguel Ángel Fernández Ordoñez, o que fora Presidente do Banco de España, evidencian que o único responsable da fallida fusión das caixas galegas foi Núñez Feijóo. Consideran, ademais, que as súas mentiras e trampas en relación á fusión das caixas están quedando agora á vista de todos.

Aos socialistas parécelles extremadamente sorprendente que, en resposta a unha pregunta do deputado Cortizo Nieto, Gayoso confesara non coñecer a auditoría que encargou Feijóo a KPMG, en cuxo informe de viabilidade e solvencia se baseou o proceso de fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova e foi o principal argumento do presidente da Xunta para impulsar a fusión das caixas galegas.

A falta de coñecemento sobre a auditoría, confesada polo que era máximo responsable dunha das caixas implicadas, alimenta a desconfianza dos socialistas sobre o contido da mesma. Lembran que pediron sen éxito, en varias ocasións, a remisión da mesma ao Parlamento de Galicia por parte da Xunta.

Desde o Grupo Parlamentario Socialista na Cámara galega, o portavoz, Abel Losada, considera que, ante estas novas informacións chegadas do Congreso, cada vez é mais necesaria a creación dunha Comisión de Investigación e a comparecencia do Presidente galego para que explique a verdade que está ocultando. Os socialistas reiterarán a súa petición de comparecencia do Presidente e de creación da comisión parlamentaria sobre as caixas.

Losada afirmou que cada vez con máis claros os indicios de que o gran logro de Núñez Feijóo nesta lexislatura foi “cavar a tumba do sistema financeiro galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar