Afirman que as ceas e comidas coa emigración fan aflorar o contido electoralista da viaxe de Feijóo

Afirman que as ceas e comidas coa emigración fan aflorar o contido electoralista da viaxe de Feijóo

Afirman que as ceas e comidas coa emigración fan aflorar o contido electoralista da viaxe de Feijóo

Marisol Soneira reprocha ao Presidente de Galicia que fuxa dos problemas de Galicia a través dunha “viaxe a ningunha parte” e salienta o “perfil baixo” da axenda institucional e económica de Feijóo, non comparable á dos seus predecesores “aos que recibían os presidentes de todos os países”

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista espera que Feijóo explique aos emigrantes galegos por que recortou á metade os orzamentos destinados a cubrir as súas necesidades ou por que Rajoy deixou sen pensión a 8000 emigrantes de orixe, dos que o 60% son galegos

Os socialistas esixen que, á volta, se aclare en sede parlamentaria o financiamento dos actos oficiais e non oficiais nos que participe Feijóo

A parlamentaria socialista, portavoz de Emigración, Marisol Soneira, esixiu explicacións ao Presidente Feijoo pola súa participación nun encontro coa emigración en Uruguay, consistente nunha cea fóra da “axenda oficial” da viaxe. Acto que se repetirá hoxe en Arxentina, nunha comida, neste caso si incluída nos actos do Presidente.

Esta claro, afirma Soneira, que estes actos deixan aflorar que se a primeira intención da viaxe de Feijoo é “fuxir dos problemas de Galicia” e non dar explicacións das “consecuencias das medidas e recortes dos gobernos populares na Xunta e en Madrid”, o segundo obxectivo que move ao Presidente galego é “o electoral” , aínda que Feijoo e os populares “pretenden ocultalo deixando fóra de axenda as reunións coa emigración”.

En referencia ao acto de Uruguay, Soneira reproba ao titular do Executivo galego que se preste a cear “cos emigrantes de maior poder adquisitivo”, en lugar de explicar aos galegos residentes en Iberoamérica por que a Xunta reduciu os recursos destinado á Emigración en case o 50%, con respecto a 2009 “a pesar de ter ao fronte dos mesmos á persoa que máis cobra de todo o Goberno galego e un dos que máis cobra en toda a administración pública española”, dixo en relación ao soldo do Secretario de Emigración, Santiago Camba.

Debera explicar tamén, apunta a deputada socialista, as razóns polas que Rajoy retirou as pensións a 8.000 emigrantes de orixe dos que o 60% son galegos, “anciáns sen recursos na súa grande maioría, que non se poden permitir abonar a invitación”.

UNHA VIAXE DE “PERFIL BAIXO” NO INSTITUCIONAL E NO ECONÓMICO

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, considera nun terceiro lugar o argumento económico da visita de Feijoo por varios países iberoamericanos. Chega a esta conclusión logo de ver o “perfil tan baixo da súa axenda institucional”, que só contemplaba a entrevista co Presidente da República de Uruguay, que resultou “inconsistente”, segundo valoran os socialistas.

Soneira afirma que “ningún presidente da Xunta viaxou cun nivel de interlocución política tan mediocre”, e recorda que tanto Fraga coma Touriño foran sempre recibidos polos presidentes e mais altos mandatarios nacionais dos países visitados.

Reprocha a Feijoo que viaxe “sen obxectivos claros e definidos e sen cobertura empresarial”, polo que conclúe que a xira iberoamericana do Presidente galego é “unha viaxe a ningunha parte”.

A parlamentaria socialista espera que o Presidente Feijoo explique no Parlamento os logros da viaxe e aclare ben o financiamento dos actos de axenda oficial e non oficial que foi realizando.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar