Afirman que a investigación da fiscalía a Baltar por enchufar a 115 persoas é só a punta do iceberg do entramado caciquil do PP de Ourense

Afirman que a investigación da fiscalía a Baltar por enchufar a 115 persoas é só a punta do iceberg do entramado caciquil do PP de Ourense

Afirman que a investigación da fiscalía a Baltar por enchufar a 115 persoas é só a punta do iceberg do entramado caciquil do PP de Ourense

Os socialistas esperan de Feijóo unha reacción en consecuencia coa gravidade dos feitos

O portavoz socialista na Deputación de Ourense, Ignacio Gómez, e a Secretaria de Organización provincial e parlamentaria, María Quintas, veñen de manifestar a satisfacción do PSdeG-PSOE pola decisión da fiscalía de tramitar a denuncia socialista por prevaricación do que fora presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Luis Baltar.

“Os socialistas levamos vinte anos denunciando estas prácticas na provincia polo que valoramos a decisión da fiscalía ourensá”, afirma Gómez, que confía en que esta actuación, orixinada nunha denuncia socialista interposta no 2010, contribúa a rematar cunha práctica caciquil estendida por toda a provincia en dúas décadas.

O caso ao que se refire a denuncia, a contratación presuntamente irregular de 115 persoas no días previos ao último congreso provincial, e que derivou no triunfo da familia Baltar sobre o candidato apoiado por Feijóo e Rueda, “é só a punta do iceberg do entramado de corrupción organizado pola familia Baltar en Ourense”, comenta María Quintas.

A secretaria de Organización provincial socialista denuncia que este tipo de prácticas é habitual en toda a provincia, e son executadas polos rexedores populares desde fai moitos anos, polo que “ se poden imaxinar ata onde se estende a rede tramada por esta familia”, dixo en relación á reiterada denuncia socialista do réxime caciquil imposto polos Baltar en Ourense.

Os socialistas esixen a Feijóo, ao que consideran cómplice, unha reacción do PPdeG en consecuencia coa gravidade dos feitos. “Estas 115 contratacións servíronlle a Baltar para ganar o Congreso Provincial do PP, pero saben que son centos as persoas que meteron nas institucións que gobernan na provincia de Ourense polo mesmo método caciquil”, acusou Quintas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar