Advirten “retórica e autocomplacencia” na intervención de Feijóo no Debate do Estado da Autonomía

Advirten “retórica e autocomplacencia” na intervención de Feijóo no Debate do Estado da Autonomía

Advirten “retórica e autocomplacencia” na intervención de Feijóo no Debate do Estado da Autonomía

Abel Losada critica que o presidente da Xunta ofrece “desdén e humillación para as persoas que o están pasando mal”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou a “retórica e autocomplacencia” que demostrou o presidente da Xunta na súa intervención no Debate do Estado da Autonomía. Criticou que ofreza “desdén e humillación para as persoas que o están pasando mal” para “favorecer aos que mais teñen”.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta teña feito un discurso “mais propio do NO-DO dos anos 60 e 70” que da realidade de Galicia, onde o PIB está a caer un 1,4 por cento. Advertiu que o presidente da Xunta semella un “mal xestor dunha empresa que intenta enganar aos accionistas e traballadores para contentar ao seu Consello de Administración”.

Dixo que, logo de cinco anos de goberno, “o único que é capaz de demostrar é que o seu pasado non ten ningún futuro” ao facer un discurso “propio dun novo debate de investidura”, xa que evidencia que “non ten ningún proxecto de futuro para o país mais alá de medidas cosméticas”.

Así, explicou que o anuncio de rebaixar o 0,5 por cento do IRPF para as rendas mais baixas “está ben, pero estaría moito mellor que lle subira os impostos ás rendas altas”, polo que demostra que “agocha o obxectivo de favorecer aos que mais teñen”.

Dixo que o presidente da Xunta “falla ao respecto á cidadanía que o está pasando peor” ao eludir calquera tipo de proposta que mellore a situación socioeconómica dos galegos e das galegas.

O responsable socialista preguntou “que lles dixo Feijóo aos mais de 30.000 fogares galegos que non teñen ningún ingreso”. Explicou que as políticas do goberno galego abocan a Galicia á “drenaxe de capital humano” a través da emigración esquecendo as “necesidades perentorias para unha porcentaxe moi alta da poboación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar