O traslado da nova Edar de Santiago pode acabar repercutindo no recibo dos veciños polo alto risco de que se perdan os fondos comunitarios

O traslado da nova Edar de Santiago pode acabar repercutindo no recibo dos veciños polo alto risco de que se perdan os fondos comunitarios

O traslado da nova Edar de Santiago pode acabar repercutindo no recibo dos veciños polo alto risco de que se perdan os fondos comunitarios

O parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, preguntou en Comisión ao Director Xeral de Augas sobre este asunto. Menéndez recoñeceu que andaban xustos nos prazos, pero que non contemplaban non rematar antes de decembro de 2015 data tope de Bruxelas


Leiceaga advirte de que a nova avaliación de impacto ambiental, cunha media de dous anos de tramitación, pon en risco o cumprimento dos prazos. Critica á Xunta de non ter unha provisión de fondos para cubrir esta circunstancia

O deputado socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, ven de presentar unha pregunta ao Goberno na Comisión de Ordenación do Territorio sobre o compromiso da Xunta co traslado da nova EDAR de Compostela, ata onde eleva o compromiso de achega de fondos con esta obra e se avaliaron os custes e o risco de sanción e perda de fondos comunitarios polos atrasos que provoca cambiala de localización.

O parlamentario socialista afirmou que “existe unha necesidade urxente” dunha nova depuradora de augas residuais en Santiago. A existente está excedida e afecta á calidade das augas do río Sar.

Este problema que arrastran os veciños de Santiago desde hai anos, advirte o deputado compostelán que estaba “en vías de solución”, existindo un espazo destinado para tal fin, un proxecto ultimado, cun tratamento de membranas e unha capacidade de tratamento equivalente ao de unha cidade de 264.000 habitantes. Completado todo isto co compromiso de financiamento do Ministerio de Fomento, cun ha achega substancial de fondos europeos, na contorna dos 40 millóns de euros.

Existe tamén unha oposición veciñal á radicación da EDAR, que esixe desde hai tempo un cambio de ubicación que afaste esta infraestrutura das súas vivendas. Informacións de prensa recollían o anuncio do alcalde de Santiago, daquela Gerardo Conde Roa, o 15 de novembro de 2011 dunha solución a este traslado, un quilómetro augas abaixo, nos límites de Santiago con Ames. As mesmas informacións daban por sentado o apoio da Xunta a esta nova operación. Este extremo foi confirmado hoxe a Leiceaga polo Director Xeral de Augas, Francisco Menéndez.

Leiceaga salienta que, este cambio implica riscos serios para o futuro. O primeiro de prazos, porque retrotrae as accións á procura do terreo, expropiacións, declaración de impacto ambiental e adecuar o proxecto existente á nova ubicación.

A principal preocupación radica na declaración de impacto ambiental, porque o prazo medio de resolución é de dous anos, o que situaría a obra fora do límite de execución para presentar a Bruxelas, decembro de 2015.

Isto enlaza co segundo problema, que é o financiamento. Reclama o socialista “unha actuación urxente”, para impedir a perda dos fondos comunitarios, algo que comprometería seriamente a viabilidade da EDAR.

O deputado socialistas advirte tamén do risco de sanción por parte da UE, e lembra precisamente unha sanción a España por incumprir a normativa de augas residuais en 38 aglomeracións urbanas, entre elas Compostela.

Aparte o risco de que o novo lugar provoque un efecto semellante de protesta, agora nos veciños de Ames. Leiceaga tira da respostado Director Xeral de Augas que “existe un grave problema de prazos”, que a Xunta non ten unha provisión de fondos para o caso de non poder acceder aos fondos comunitarios e, como conclusión, que existe un “risco evidente” de que a obra acabe repercutindo no recibo dos composteláns.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar