Advirten que o PPdeG rexeita unha comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “teñen algo que ocultar”

Advirten que o PPdeG rexeita unha comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “teñen algo que ocultar”

Advirten que o PPdeG rexeita unha comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “teñen algo que ocultar”

María José Caride esixe a investigación do proceso de fusión e a devolución das indemnizacións dos ex directivos “por hixiene democrática e para devolver aos cidadáns a confianza no sistema financeiro e a política”

O Pleno aproba unha iniciativa socialista para demandarlle ao goberno central “a mesma implicación na viabilidade de NGB que ten amosada con Bankia

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou ao PP de impedir de novo unha Comisión de Investigación sobre as caixas galegas “porque teñen algo que ocultar”. Así o dixo no debate dunha moción socialista malia que na mesma si foi aprobado demandarlle ao Goberno central “a mesma implicación na viabilidade de NGB que con Bankia” e solucionar a fraude das preferentes.

Caride reclamou hoxe a constitución dunha Comisión de Investigación para analizar a fusión das caixas galegas en NGB e “depurar responsabilidades” da desaparición destas entidades. María José Caride presentou esta iniciativa dirixida a garantir “a máxima transparencia” sobre o proceso liderado polo presidente da Xunta porque “non sabemos quén tomou as decisións nin cándo se fixeron os contratos blindados”.

Subliñou a importancia “fundamental” da información sobre o proceso “por hixiene democrática e para devolverlle aos cidadáns a confianza no sistema financeiro e na política” logo de ter escoitado ao Banco de España que o proceso precisaría de outros 4.000 millóns de euros de diñeiro público, que se suman aos 3.600 xa inxectados, aos que hai que sumar as indemnizacións aos ex directivos.

Caride explicou que Bankia, Catalunya Bank e NGB “están poñendo en cuestión todo o sistema financeiro” e “é o momento de aportar transparencia e responsabilidade” mentres o PP négase á investigación, co que “está dicindo que non haberá explicacións, reclamacións nin responsabilidades nesta lexislatura”. A diferenza, dixo, é que en Cataluña si que se investigará e no Congreso si que haberá comparecencias.

Dixo que “os cidadáns de Galicia reclaman unha explicación porque saben que van pagar cos seus impostos os buratos de NGB e reclaman de forma clara que alguén asuma algunha responsabilidade”. Esixiu “que se explique qué aconteceu” e por qué Galicia é a única comunidade histórica sen caixas e reclamou “que se aporte e dea valor á política e mais democracia ao Parlamento e aos cidadáns”.

Rescate

Advertiu que a consecuencia destas actuacións é que logo de solicitar un rescate á UE por 100.000 millóns de euros “os mercados seguen desconfiando e acadamos o interese mais alto da era euro”. Advertiu que esta é a consecuencia da xestión da crise por un presidente do goberno que pasou de negar o rescate a estar “ausente mentres toda España estaba pendente”.

Advertiu que o presidente do goberno viuse “obrigado a saír aos medios para amosarse encantado do rescate, como si estivera cuns amigos antes de marcharse a ver un partido”, en alusión á viaxe de Rajoy a Polonia para asistir á Eurocopa.

Mentres, asume unha débeda ata o 10 por cento do PIB e asume un déficit anual de entre 3 e 4.000 millóns de euros que terá que deducir do orzamento con recortes, impostos, subindo as pensións ou baixando os salarios públicos para manter o déficit e non para estimular a economía, dándolle diñeiro público á banca sen esixirlle contribucións e contrapartidas claras para os contribuíntes.

Implicación na viabilidade

O Pleno do Parlamento si que aprobou sen embargo os outros puntos desta moción, que incluían esixirlle á Xunta que demande do Goberno de España “a mesma implicación na viabilidade como entidade independente de Novagalicia Banco que a amosada con outras entidades financeiras, nomeadamente con Bankia”.

Entre os puntos aprobados hoxe tamén incluíuse “a defensa dos dereitos dos titulares da fraude das participacións preferentes, para o cal colaborará coa fiscalía de Galicia e demandará do Goberno de España, da CNMV e do Banco de España a busca para unha solución inmediata a este conflito”.

O Parlamento tamén acordou por unanimidade “reiterar a importancia de manter a Galicia no mapa financeiro con unha entidade financeira solvente, autónoma e vinculada territorialmente a Galicia”. En relación á obra social, a iniciativa dos socialistas galegos propón que a Xunta, antes de rematar o actual período de sesións, un proxecto de lei de fundacións especiais das extintas caixas.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia acorda:

1.- Reiterar a importancia de manter a Galicia no mapa financeiro cunha entidade financeira solvente, autónoma e vencellada territorialmente a Galicia.

2.- REXEITADO

3.- Instar ao Goberno galego a demandar do Goberno de España a mesma implicación na viabilidade como entidade independente de Novagalicia Banco que a amosada con outras entidades financeiras, nomeadamente con BANKIA.

4.- Instar ao goberno galego á defensa dos dereitos dos titulares do fraude das preferentes, para o cal continuará colaborando coa Fiscalía de Galicia e demandará do Goberno de España, da CNMV, do Banco de España e do departamento de competencia da Comisión Europea a busca dunha solución inmediata deste conflito que garanta a devolución do cen por cen dos seus aforros.

5.- Instar ao Goberno galego a presentar, no actual período de sesións, un proxecto de Lei de fundacións especiais das extintas caixas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar