Advirten que o desmantelamento de Grumires e cuadrillas forestais da Xunta deixa ao territorio indefenso diante dos incendios

Advirten que o desmantelamento de Grumires e cuadrillas forestais da Xunta deixa ao territorio indefenso diante dos incendios

Advirten que o desmantelamento de Grumires e cuadrillas forestais da Xunta deixa ao territorio indefenso diante dos incendios

Marisol Soneira sinala que o incumprimento das condicións de privatización dos helicópteros de salvamento marítimo provoca a perda de vidas humanas

A parlamentaria socialista Marisol Soneira dixo que o desmantelamento dos Grupos Municipais de Intervención Rápida e das cuadrillas forestais por parte da Xunta deixa ao territorio galego indefenso diante dos incendios. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Emerxencias que tivo lugar hoxe na Comisión Institucional do Parlamento.

A parlamentaria socialista advertiu da especial gravidade da redución destes dispositivos especialmente cando se veñen eliminando as accións preventivas de limpeza e desbroce dos montes por parte do goberno de Feijóo. Sinalou que “como veña un verán seco vamos ter un problema moi serio”.

Soneira criticou que a Xunta “pretenda manter un Grumir con persoal voluntario 24 horas ao día os 365 días do ano” e acusounos de delegar responsabilidades aos concellos ao tempo que o Goberno lles retira competencias en favor das deputacións. Advertiu ademais que renuncia a financiar estes equipos cando hai consellerías que terán que devolver fondos comunitarios por non executar os investimentos.

A responsable socialista criticou ademais a configuración do Mapa de Emerxencias do goberno galego, elaborado “dende un despacho alleo á realidade”. Sinalou que este Mapa limítase aos riscos en terra pero esquece os riscos procedentes do mar en forma de vertidos, e establece isocronas –tempos de atención ás emerxencias- irreais, situando a distancia entre Cee e Camariñas en 15 minutos, por exemplo.

Soneira lembrou que os parques de bombeiros anunciados pola Xunta “xa foran proxectados e licitados polo goberno socialista”, que “fixo mais infraestruturas que tódolos gobernos anteriores” pero foron paralizados por Feijóo en 2009. Lembrou así que tanto o proxecto da Plataforma Tecnolóxica, así como o centro de emerxencias de Oroso ou os parques de bombeiros de Lugo anunciados polo goberno “xa estaban licitados”.

Privatización Salvamento

Soneira criticou a privatización dos helicópteros do Servizo de Salvamento Marítimo, que ten provocado xa o falecemento dunha percebeira en Oia no pasado mes de decembro sen que chegara a axuda a tempo “polo incumprimento de tódalas condicións da privatización”. Lamentou que ese sexa o resultado da “política de privatización do servizo de rescate e vena os helicópteros de salvamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar