Advirten que o desleixo da Xunta coa minería pode provocar unha “contestación social continuada”

Advirten que o desleixo da Xunta coa minería pode provocar unha “contestación social continuada”

Advirten que o desleixo da Xunta coa minería pode provocar unha “contestación social continuada”

Méndez Romeu advirte que as políticas neoliberais do PP están a rachar o contrato social vixente en España dende a transición

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiulle ao PP que o desleixo da Xunta coa minería e a súa política neoliberal poden provocar “unha contestación social continuada porque ninguén é quén de entender a política que están a facer”.

Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei Socialista na que lle reclamaba á Xunta que se dirixa ao Goberno central para que recupere o nivel de investimentos no Plan da Minaría para as comarcas de As Pontes e Cerceda vixente ata os primeiros orzamentos de Rajoy, aprobados este ano. Lembrou que Rajoy minorou nun 32 por cento as axudas que viña recibindo esta actividade como ompensación pola perda de actividade.

O responsable socialista advertiu sobre as crecentes protestas que está a provocar o abandono deste sector por parte da Xunta dende a chegada de Feijóo, agudizadas pola chegada de Rajoy ao Goberno central, que provocaron a protesta de 30.000 persoas nas rúas de Ferrolterra.

Sinalou que “o razoable sería que o que non fai o Estado o complete a Xunta con fondos propios, pero vostedes din que non, que está ben o que diga Madrid, tal e como fixeron co concurso eólico que logo foi transformado en lume”. Apuntou que as actividades que sexan perdidas hoxe “logo serán extraordinariamente difícil de recuperarse”.

Recomendoulle ao conselleiro de Economía e Industria que “baixe ao mundo real do traballo” onde as empresas mesmo participadas pola Xunta, como o caso da tamén ferrolá Privilege, vense abocadas a un concurso de acredores e a súa desaparición polo desleixo do conselleiro malia que “funciona perfectamente no mercado e conta cunha tecnoloxía excepcional”.

Lamentou que mentres o conselleiro permaneza distraído cos supostos contratos coa empresa mexicana Pemex para os estaleiros galegos, que “logo de ser un acordo despois xa nin iso, resulta que o presidente da Xunta puntualiza que somos socios preferentes, mentres os empresarios o miran con desconfianza”.

Contrato social

O responsable socialista acusou ao PP de estar a “desmontar a sociedade construída nas tres últimas décadas” e “rachar co contrato social vixente en España dende a transición que mesmo tivo expresión formal nos Pactos da Moncloa”. E replicoulle á vicepresidenta do goberno, que falaba da apocalipse, que “están perfectamente identificados os xinetes da apocalipse económica que están a liberar”.

Aludiu así á inseguridade, ao desemprego e ao neoliberalismo “que tapa e escusa calquera actuación” mentres “demonizan de forma permanente os servizos e aos servidores públicos e a política como lugar de debate mentres manteñen a distracción co seu discurso sobre as cifras, a débeda e as consecuencias da crise”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar