Advirten que Feijóo “vende como realidade” un suposto acordo con Pemex que “entre outras cousas depende das eleccións mexicanas”

Advirten que Feijóo “vende como realidade” un suposto acordo con Pemex que “entre outras cousas depende das eleccións mexicanas”

Advirten que Feijóo “vende como realidade” un suposto acordo con Pemex que “entre outras cousas depende das eleccións mexicanas”

José Luis Méndez Romeu critica a “cerimonia da confusión” para unha operación que “non deixa de ser unha acción interesante de futuro”

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu que Feijóo “vende como realidade” un suposto acordo con Pemex para a construción de buques en Galicia que “entre outras cousas depende das eleccións mexicanas do domingo”. Así o dixo na comparecencia da Xunta en Comisión para dar conta das viaxes institucionais.

Méndez Romeu dixo que este posible acordo, que foi anunciado por Feijóo como “gran éxito” logo dunha viaxe a México, “non deixa de ser unha acción interesante de futuro” que limitou a “intención e desexo” do goberno galego. Así o dixo logo de constatar que a Xunta non teña entregado “ningunha información documental” nin ao Parlamento nin ás empresas afectadas, que permanecen “orfas de información”.

Dixo que o presidente da Xunta mantén a mesma “cerimonia da confusión” sobre as supostas solucións para o naval que o presidente da Xunta presentou en Bruxelas, e que non foi presentada formalmente ata o 26 de maio. Criticou que “a día de hoxe Feijóo non foi quén de informar cal é a posición a defender nun asunto do que depende o futuro do sector naval”.

Lamentou que o Goberno galego teña como “norma” o “non entregar ningunha información” xa que tódalas solicitudes feitas dende o Parlamento pola vía formal e obrigatoria “son simplemente esquecidas, desprezadas”. Engadiu que “non forman parte do código ético do goberno nin do seu pretendido compromiso de transparencia”.

Confederación de Empresarios

Neste mesmo sentido, reprochoulle á Xunta que estea a incumprir o acordo unánime do Parlamento, aprobado o 14 de febreiro, para amosar o convenio asinado coa Confederación de Empresarios de Galicia para que asuma a acción económica exterior da Xunta por 18 millóns de euros sen concorrencia nin publicidade. Advertiu que “ata o momento o conxunto das viaxes da Xunta non ofrecen compromisos nin resultados que

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar