Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”

Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”

Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”

Miguel Ángel Fernández critica que o PPdeG rexeite unha moción socialista para realizar un seguimento das empresas con EREs e que os expedientes sexan aprobados pola autoridade laboral

O portavoz de Traballo do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, advertiu que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego e non levou a cabo ningún”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas con EREs suspensivos ou de redución de xornada e que os expedientes segan sendo aprobados pola autoridade laboral.

Fernández criticou as “mentiras” do presidente da Xunta e do goberno do PP, que prometeu resolver o paro en 45 días cando “a realidade é que o orzamento da Xunta para o emprego ten 200 millóns de euros menos cando hai 67.000 parados mais. Dixo que “estamos diante dun goberno que mentres amnistía aos defraudadores fiscais aumenta o prazo para reclamar cobros indebidos de prestacións por desemprego”.

O responsable socialista criticou a “ineficacia e incapacidade” dunha Xunta que “deixa 160 millóns de euros do seu orzamento de promoción de emprego sen executar mentres os EREs extintivos crecen un 300 por cento e os suspensivos un 50 por cento. Sinalou que Galicia se ten convertido no pasado ano na autonomía co maior incremento no número de EREs, aumentando un 73 por cento.

Lembrou que durante o pasado exercicio foron aprobados 1.669 expedientes de redución de emprego que afectaron a un total de 22.829 traballadores e traballadoras, o 8 por cento do Estado e un 73,13 por cento mais que no ano anterior.

Moción

Miguel Ángel Fernández presentou unha moción para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas acollidas a Expedientes de Regulación de Emprego suspensivos ou de diminución de xornada, logo de que a conselleira de Traballo tivera anunciado de xeito “irresponsable” unha presunta utilización irregular desta figura por parte das empresas.

O responsable socialista insta ao Goberno galego que acorde coas empresas que apliquen un ERE “un procedemento de seguimento que permita avaliar o grao de consecución dos obxectivos do propio expediente e da evolución da situación da empresa”.

Fernández reclámalle á Xunta que se dirixa ao goberno do Estado para que modifique o Decreto da reforma laboral co obxectivo de que a autoridade laboral “continúe sendo quen autorice os expedientes de regulación de emprego, tanto os de extinción como os suspensivos e os de redución de xornada”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar