Advirten que, co actual ritmo de recortes, Ourense acadaría os 125.000 pobres en 2022

Advirten que, co actual ritmo de recortes, Ourense acadaría os 125.000 pobres en 2022

Advirten que, co actual ritmo de recortes, Ourense acadaría os 125.000 pobres en 2022

A deputada, Laura Seara, recrimina a Feijóo e a Rajoy que sigan “poñéndose de costas aos cidadáns”, ao rexeitar unha proposta socialista no Congreso que perseguía a creación dun fondo contra a pobreza de 1.000M de €

Os recortes e os copagos inciden negativamente sobre os pensionistas, que ata o de agora contiñan o incremento das taxas de pobreza nunha provincia que ten previsto incrementar aínda máis o seu envellecemento poboacional

A deputada socialista, Laura Seara, ven de denunciar que, de continuar os recortes ao ritmo actual, a provincia de Ourense podería acadar as 125.000 pobres en 2022. Representaría o 40% da poboación ourensá.

A previsión dos socialistas deriva da predición dos analistas para o conxunto do Estado, e que sitúa o número de pobres en España en 18 millóns, para dentro de nove anos.

Seara salienta que ata o de agora, “o aguante das prestacións e das pensións, permitía conter as taxas de pobreza de Ourense”, pero “esta patrón está a mudar”, dixo, debido “á non revalorización das pensións, á suba do IRPF, que afecta aos pensionistas e aos copagos farmaceútico e sanitario en moitos servizos” impostos polos gobernos de Rajoy e de Feijóo.

A estes datos debemos engadir que todas as proxeccións de poboación que se fan sobre esta provincia advirten dun envellecemento permanente de poboación o que “incrementa o risco de pobreza”, según Seara.

“En Ourense e en Galicia haberá máis pobres, e os pobres serán máis pobres”, sentenciou Laura Seara. Advertiu que, a día de hoxe, o 53% dos ourensáns chegan con moitas dificultades a fin de mes e a fenda salarial entre os que máis teñen e os que menos teñen, “lonxe de reverter, aumenta” por mor da crise económica.

Para a deputada socialista o PP e Rajoy “seguen poñéndose de costas aos cidadáns”, e recentemente rexeitar unha proposta socialista no Congreso que perseguía a creación dun fondo contra a pobreza de 1.000M de €.

A congresista ourensán fixo estas declaracións á entrada da visita ás instalacións da Cruz Vermella de Ourense, onde foi recibida pola súa presidenta, Teresa Rodríguez Babarro e persoal directivo da entidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar