Advirten que a Xunta acelera as xubilacións voluntarias dos profesores empeorando as súas condicións laborais e profesionais

Advirten que a Xunta acelera as xubilacións voluntarias dos profesores empeorando as súas condicións laborais e profesionais

Advirten que a Xunta acelera as xubilacións voluntarias dos profesores empeorando as súas condicións laborais e profesionais

A Consellería de Educación admitiu hoxe que 1.030 profesores e profesoras optaron pola xubilación o pasado 31 de agosto

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, advertiu hoxe que o drástico empeoramento das condicións laborais e profesionais dos profesores e profesoras por parte da Xunta está a acelerar as xubilacións voluntarias. Docasar preguntou na Comisión de Educación celebrada hoxe polo número real de xubilacións que se produciron a finais de agosto, data habitual de referencia para contabilizar o número de docentes que se xubilan.

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que ofreza “a verdade” sobre as baixas de profesores e profesoras en Galicia, xa que “a sociedade quere coñecer a verdade, e a comunidade educativa deste país ten dereito a coñecer cantos docentes perdeu o sistema educativo nos últimos tres anos”. As cifras varían de maneira moi importante segundo os datos veñan da Consellería de Educación, do Ministerio de Educación, dos Sindicatos do Ensino ou doutras consellerías da propia Xunta.

Criticou que o goberno galego está a recortar sistematicamente os salarios dos profesores e profesoras, que viron como “se lles recortaban dereitos conseguidos co esforzo de moitos anos”. Entre as medidas tomadas polo goberno galego, sinalou “o aumento do horario laboral, do número de alumnos por aula, a eliminación de apoios e reforzos para alumnos con dificultades, a impartición de materias afíns para as que non están preparados e mesmo penalizalos cando se poñan enfermos”.

Incremento de alumnos

Docasar sinalou que mentres os alumnos aumentaron en 17.350, os profesores cada vez son menos, empeorando a calidade do sistema, xa que os profesores piden a xubilación porque non aguantan os constantes cambios no sistema educativo, porque non se senten respectados na súa dignidade laboral e profesional e por non ten a certeza de que vai pasar coas súas pensións de futuro”. Subliñou que “dálles pena marchar porque aman á súa profesión, pero non lles dan vostedes outra opción”.

O parlamentario socialista explicou que “ningún sistema educativo pode avanzar sen a implicación do profesorado, e para iso compre respectalos e telos en conta ”. Non só non se fai iso, senón que o PP impón de maneira sectaria unha nova lei educativa aplicando un rodillo parlamentario no congreso dos deputados sen consenso con case ninguén, salvo escoitar atentamente as instrucións de FAES, fundación presidida polo Sr Aznar, da Conferencia Episcopal e das patronais do ensino privado, sen importarlle nada a opinión maioritaria da Comunidade Educativa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar