Advirten que a xestión de Feijóo supón unha “agresión dificilmente reparable” ao estado do benestar

Advirten que a xestión de Feijóo supón unha “agresión dificilmente reparable” ao estado do benestar

Advirten que a xestión de Feijóo supón unha “agresión dificilmente reparable” ao estado do benestar

Beatriz Sestayo denuncia a “mestura ente incompetencia, irresponsabilidade e inequívoca vontade política de abrir fendas sociais”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, advertiu que a xestión de Feijóo supón unha “agresión dificilmente reparable” aos logros do Estado do Benestar acadados durante os últimos 30 anos. Así o dixo nunha pregunta oral que presentou na Comisión de Sanidade e na que reclamou ao Goberno galego unha “rectificación inmediata das súas políticas ultraliberais”.

A parlamentaria socialista dixo que “a chegada do PP aos gobernos autonómicos, sinaladamente en Galicia, supón unha agresión dificilmente reparable ao conseguido durante mais de 30 anos de democracia”. Dixo que esta é a consecuencia da “mestura entre incompetencia e irresponsabilidade, unidas a unha inequívoca vontade política de abrir fendas sociais que diferencien os dereitos das persoas en función da súa renda”.

Esta situación, engadiu Sestayo, “ten levado a Galicia a un panorama desolador” como é que “a pobreza crece de forma dramática mentres os recursos para prevela e combatela se recortan”. Ademais, sinalou, “as listas de atención á dependencia cuadriplicáronse, suprimíronse programas e servizos que viñan funcionando dende décadas, e apróbanse normativas dificilmente compatibles coas normativas básicas de rango superior”.

Beatriz Sestayo esixiulle á Xunta que explique qué medidas vai adoptar “para intervir o desmantelamento sistemático das políticas e servizos sociais” rexistrado durante os últimos tres anos e medio e que están a denunciar unanimemente “colexios profesionais, empregados e empregadas públicas, sindicatos, asociacións ou ONGs”.

Dixo que a Xunta, baixo a batuta de Feijóo, está a lesionar unhas políticas sociais que “son instrumentos esenciais de corrección das desigualdades e inxustizas sociais, fomentan a cohesión social e amparan ás persoas mais vulnerables e desprotexidas da sociedade”.

Lembra que a propia Constitución Española define un “Estado social e democrático de dereito”, optando, polo tanto, “por un modelo de políticas públicas que garantan a igualdade de oportunidades das persoas con independencia das súas circunstancias”, uns principios que “estamos a ver cómo quedan nas antípodas da xestión do Goberno de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar