Advirten que a Feijóo e ao PP “lles resbalan” os máis de 277.000 parados e paradas de Galicia

Advirten que a Feijóo e ao PP “lles resbalan” os máis de 277.000 parados e paradas de Galicia

Advirten que a Feijóo e ao PP “lles resbalan” os máis de 277.000 parados e paradas de Galicia

Miguel Ángel Fernández lamenta o rexeitamento da Xunta a destinar os fondos transferidos polo goberno a manter aos 109 promotores de emprego destinados a Galicia e suprimidos dos orzamentos xerais

O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, sinalou que a Feijóo e ao PP “lles resbalan” os mais de 277.000 parados e paradas de Galicia. Así o dixo logo de que rexeitaran unha proposición non de Lei socialista para destinar os fondos transferidos polo goberno a manter aos 109 promotores de emprego destinados a Galicia e suprimidos dos orzamentos xerais.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “ter demostrado que a loita contra o paro non é a súa prioridade, non saben facer fronte aos problemas dos galegos e das galegas e non cren nas políticas activas de emprego”. Así o dixo logo de rexeitar esta iniciativa para manter a 109 traballadores que prestarían asistencia a mais de 55.000 parados e paradas en plena crise.

Miguel Ángel Fernández solicitoulle á Xunta que siga o exemplo de Aragón, Murcia, Andalucía, Estremadura ou Castela – León, que teñen asumido o custe destes profesionais con cargo aos orzamentos propios. Reclamou “aplicar os fondos transferidos polo Ministerio de Emprego” á Xunta dentro da distribución realizada pola Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais para a modernización do servizos públicos de emprego das comunidades.

Explicou que Galicia ten recibido mais de 2,4 millóns de euros neste concepto, cando tan só necesitaría 1,7 para manter nos seus postos a estes 109 promotores e garantir a atención aos parados e paradas de Galicia. Sinalou que ao negarse a aceptar esta proposta demostran que “lles preocupan pouco todos aqueles galegos e galegas que se benefician do bo traballo dos orientadores e promotores de emprego”.

O parlamentario socialista considera que esta medida supón unha mostra mais do incumprimento da promesa do presidente da Xunta de facer do emprego unha prioridade da súa acción de goberno. Así o confirman, dixo, os mais de 85 millóns de euros recortados en políticas activas de emprego nos tres anos de goberno do PP.

Desmentido e incumprimento

Lembrou que con esta postura desmenten tamén o Programa Nacional de Reformas de 2012, feito público polo goberno de Rajoy o pasado 30 de abril, que sinalaba que “a orientación profesional constitúe unha peza clave da actuación dos servizos públicos de emprego”. Tamén vai contra o proxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia, que sinala que “o persoal de orientación e intermediación terá un papel mais relevante”.

Puntualizou por isto que “vostedes, os membros do goberno de Feijóo e os parlamentarios do PP estanse a caracterizar por facer todo o contrario do que prometen”. Engadiu que “esta actitude debe ser innata no ADN do PP, como demostra cada día Rajoy, que está a facer o contrario do que comprometeu no seu programa electoral e mesmo o que dixo que nunca faría como presidente do Goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar