Advirten que a amnistía fiscal do PP “serve para blanquear cartos de orixe dubidosa”

Advirten que a amnistía fiscal do PP “serve para blanquear cartos de orixe dubidosa”

Advirten que a amnistía fiscal do PP “serve para blanquear cartos de orixe dubidosa”

María José Caride acusa ao PP de provocar unha situación “absolutamente inxusta” e tratar “de parvos” aos cidadáns que cumpren coas obrigas tributarias

Esíxelle á Xunta e a NGB que “en lugar de buscar desesperadamente alguén que cargue coas culpas promovan unha solución aos afectados polas preferentes”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo que a amnistía fiscal impulsada polo PP e defendida dende a Xunta “serve para blanquear cartos de orixe dubidosa”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Economía na que esixiu ao goberno galego que exerza as súas competencias para paralizar a aplicación da norma en Galicia.

A responsable socialista advertiu que a Orde de Facenda que establece a amnistía fiscal permite que os cartos procedentes da economía mergullada “ou mesmo do narcotráfico” sexan legalizados “sen ningún tipo de problema e por un módico custe do 10 por cento”. Denunciou que o sistema “carece de mecanismos e deteccións” para indagar a procedencia dos cartos blanqueados.

Acusou ao goberno de permitir a legalización de “bolsas de lixo cheas de billetes” e “sen preguntar nada, sen rexistro de ningún tipo e garantindo o carácter reservado”, eludindo calquera tipo de “limitación e sen ter en conta cómo se percibiron as rendas”.

Caride esixiulle á Xunta que exerza as súas competencias propias para paralizar a aplicación deste sistema en Galicia e aplicar un modelo específico con maiores garantías e mais xusto co resto dos contribuíntes. Apuntou o caso de Navarra, onde están a implementar incentivos cunha rebaixa do 90 por cento nos recargos das sancións correspondentes e unha rebaixa do 20 por cento nos intereses de demora.

Inxusta

Explicou que o modelo do PP resulta “absolutamente inxusto cos cidadáns que estiveron a cumprir coas súas obrigas” aos que lles “din que son parvos por non defraudar”. Explicou que mentres os cidadáns de a pé teñen que pagar un 30 por cento da súa renda a Facenda, os defraudadores tan só teñen que afrontar o 10 por cento.

A responsable socialista dixo que “os que defraudan teñen un premio levándose de rositas un mínimo do 20 por cento das súas ganancias –ao reducir o 10 por cento-, mentres ás rendas mais altas, que tributan un 50 por cento, regalámoslles o 40 por cento”.

Engadiu que con esta medida a Xunta deixa sen tributar tódolos cartos defraudados correspondentes ao imposto de sociedades, as obrigas correspondentes ao imposto de Patrimonio e tódalas taxas polo cambio de titularidade patrimonial, sucesións ou actos xurídicos documentados.

Preferentes

Logo da intervención da Xunta na Comisión de hoxe, a parlamentaria socialista esixiulle tamén ao Goberno galego e a NGB que “en lugar de buscar desesperadamente alguén que cargue coas culpas, promovan unha solución inmediata para os afectados”. Acusou ao goberno galego de “desentenderse da situación dos titulares das preferentes descargando a responsabilidade sobre a Comisión Europea”.

Sinalou que o goberno galego debe dar conta de por qué non promoveu a resolución deste problema antes da chegada do FROB II –que fai requerir autorización da Comisión-, xa que o problema “deriva do ano 2003 e non do ano pasado”. Sinalou que “a día de hoxe non existe ningunha petición formal de solución das preferentes na Comisión Europea”, polo que criticou a “estratexia de distracción e confusión” da Xunta e NGB.

Explicou que a día de hoxe “non se devolverá o diñeiro aos aforradores enganados na fraude, senón accións e obrigas, e non se devolverá o cen por cen do valor da adquisición”.

Sinalou que así o determina a Disposición Adicional VII do Real Decreto-Lei 18/2012 -sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios- que “afirma que as preferentes só se poderán canxear por accións ou obrigas da entidade” sen determinar a porcentaxe do valor nominal.

Caride considera “imprescindible” a convocatoria dunha Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas galegas e puntualizou que “só quen ten algo que agochar pode opoñerse a ofrecer luz” sobre a situación das entidades galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar