Advirten de que Rajoy e Feijóo recortarán a duración das prestacións por desemprego coa escusa do déficit

Advirten de que Rajoy e Feijóo recortarán a duración das prestacións por desemprego coa escusa do déficit

Advirten de que Rajoy e Feijóo recortarán a duración das prestacións por desemprego coa escusa do déficit

Os secretarios executivos das áreas de Economía, Enrique Negueruela, e de Emprego, José Manuel Civeira, presentaron as consecuencias para o emprego en Galicia dos PXE 2012

Segundo este análise, Feijóo e Rajoy están aplicando medidas ideolóxicas, que non ten que ver coa austeridade, tendentes a eliminar os servizos públicos de Emprego. Desenténdense das Políticas Activas de Emprego, un instrumento básico para saír da crise cun novo modelo produtivo

Feijóo e Rajoy reduciron os fondos para desempregados nun 50% en comparación a 2009. Deixan de investir un de cada tres euros por demandante non ocupado

Os secretarios executivos das áreas de Economía, Enrique Negueruela, e de Emprego, José Manuel Civeira, presentaron un estudio sobre as consecuencias dos Presupostos Xerais do Estado 2012 (PXE) no emprego en Galicia.

Os socialistas galegos detectaron que, a pesares de que o gasto en prestacións aumenta en Galicia e en España polo incremento da taxa de paro, o orzamento para prestacións diminúe en 1.637 millóns de euros, un 5,4%. Se en 2012 haberá máis paro, se destruirán mais postos de traballo e aumenta o gasto en prestacións a conclusión que tiran os dirixentes socialistas é que “Rajoy recortará a duración das prestacións por desemprego, a súa contía ou ambas cousas coa escusa de manter o obxectivo do déficit”, afirma Negueruela.

Un recorte que se centrará non nos subsidios, senón nas prestacións, xa que é aí onde está o groso do gasto Dos 28.800 millóns de euros presupostados, 20.000 deles son prestacións contributivas.

O Secretario de Economía da Executiva socialista amosa a súa desconfianza nos populares, que “xa negaron que foran facer outras cousas como o copago, ou subir os impostos, ou abaratar o despido”.

UNHA ESTRATEXIA POLÍTICA DO PP

Os socialistas galegos afirman que as medidas que está a aplicar o PP nos gobernos central e galego son medidas ideolóxicas. Así, analizando as gráficas sobre a xestión das políticas activas de emprego, o peso das CC.AA. pasa do 46% xestionado en 2011 ao 26%, mentres que o estado pasa do 15% ao 19%, achegándose á porcentaxe das comunidades autónomas “estase cambiando o modelo competencial, denuncia Enrique Negueruela, salientando ademais que a Empresa é a máis reforzada, pasando a xestionar o 56%, 3.160 millóns de euros.

En Galicia, topámonos que se está a investir o 50% que en 2009, habendo 60.000 parados máis e con previsión de que creza aínda a cifra de desempregados. A Xunta diminuíu o investimento entre 2009 e 2012, nunha “decisión política clara de Feijóo”, de 157.000 a 79.000 millóns de euros. Era “aquelo de que Feijóo non era competente”, apunta Negueruela, pero agora “chega Rajoy e fai o mesmo (de 234.000 a 112.000 millóns de euros), porque tampouco é competente”.

De cada tres euros que había para investir en 2009 por demandante non ocupado, agora que da 1, denuncian os socialistas. O investimento por parado cae de 1.822 euros a 698 euros, un 62%.

Insisten en que Rajoy e Feijóo queren “debuxar un novo escenario que deixa a Galicia case sen fondos en políticas activas de emprego”, trátase dunah estratexia política do PP aos que “non lles interesan as políticas de emprego nin os parados”. Non se trata de unha cuestión de austeridade, como demostran a Executiva do PSdeG, porque analizados por capítulos, os PXE reducen perosal, transferencias, investimentos reais, pero “aumentan en gastos correntes, on van por exemplo os cartos destinados a propaganda, onde recortas primeiro se pretendes maior austeridade”.

O PP QUERE ELIMINAR OS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO

Os executivos socialistas tamén advertiron da pretensión dos populares de eliminar os servizos públicos de emprego. Detectaron xa un avance cara este obxectivo na redución de contratos dos promotores que reforzan as oficinas de emprego, en Galicia 109 promotores serán despedidos o 30 de xuño.

Tamén recortan 5,2 millóns de euros na modernización do Servizo Público de Emprego en Galicia (64,5 en todo o Estado).

A conclusión de Negueruela é que o PP quere que as ETT xestionen as ofertas de emprego.“Reducir 1.500 traballadores cando teñen a previsión de que aumente o paro un 21% é deteriorar os Servizos Públicos”, acusa o secretario de Economía do PSdeG-PSOE.

Denuncian a desaparición dos axentes de emprego ao quedar reducida a aportación de 16,5 millóns en 2009 a 94.000 que mantén o Estado. A administración local, os axentes sociais e entidades sen ánimo de lucro quedan sen este persoal técnico. “O PP elimina a todas as institucións que interveñen na planificación, análise e avaliación das políticas de emprego”, afirman.

Os desempregados que non estean percibindo unha prestación “deixan de interesar” á Administración. “O PP eliminou os fondos para contratar a estes parados coa vista posta na colaboración social”, afirma Negueruela, quen advertiu que os concellos e entidades non poderán contar con estes traballadores financiados pola Xunta, que eliminou o 96% dos seus fondos (8,1millóns).

Critica tamén José Manuel Civeira que hoxe hai 21 millósn de euros menos que en 2009 para incentivo aos emprendedores, un 68% menos de fondos para investimento en activo fixo, cotas da seguridade social, etc.

Os recortes do PP, continúa o secretario de Emprego do PSdeG, “déixannos sen alternativas ao esquilmar a formación, onde os 310 euros por parado quedan reducidos a 187”. O mesmo sucede, denuncian os socialistas, coa formación dos ocupados.

En definitiva, conclúe Civeira, as políticas activas de emprego, “nas que o PP non cree”, son o “intrumento básico para saír da crise cun novo modelo produtivo”. O recorte nas mesmas, ademais da implícita “falta de sensibilidade social”, perpetuará unha economía “máis especulativa que produtiva”, o que “parece ser o modelo do PP”.

Os orzamentos de 2012. Fortes recortes para o emprego

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar