Advirten de que a suba das peaxes contribúe ao empobrecemento das economías familiares e pon en risco a supervivencia das actividades vinculadas ao transporte

Advirten de que a suba das peaxes contribúe ao empobrecemento das economías familiares e pon en risco a supervivencia das actividades vinculadas ao transporte

Advirten de que a suba das peaxes contribúe ao empobrecemento das economías familiares e pon en risco a supervivencia das actividades vinculadas ao transporte

Carmen Gallego encadra a acción do Goberno como unha mentira máis de Rajoy e recrimina a Feijoo o seu “entreguismo partidario”, interpoñendo manobras de distracción en lugar de enfrontarse aos problemas da cidadanía

A coordinadora da área de Economía e Emprego da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, ven de acusar a Rajoy e a Feijoo de “empobrecer a economía das familias que precisan a autoestrada para acudir ao traballo” e de “darlle a puntilla” ao sector do transporte e “poñer en maior risco de non subsistir ao resto de sectores que directa ou indirectamente están relacionados coa AP-9”, logo do anuncio do Ministerio de Fomento de subir os prezos das peaxes nas autopistas. No caso da AP-9 o incremento anunciado é do 7,5%.

A dirixente e parlamentaria socialista anunciou que o seu grupo vai presentar unha serie de iniciativas para tentar desde o Parlamento de Galicia paliar o “grave prexuízo que esta medida vai supoñer para os usuarios teñen a necesidade de acudir ao traballo por autoestrada” ou “para as actividades económicas relacionadas co transporte por estrada”, pois a suba das peaxes toca de cheo a un sector que xa viña “ferido grave coa brutal subida dos carburantes”.

Acusa a Mariano Rajoy de engadir unha máis á súa lista de promesas incumpridas, “ás que os galegos e as galegas xa estamos acostumados”, afirma a deputada socialista.

Tamén recrimina a Feijoo a súa pasividade e o “entreguismo partidario” con que executa as ordes de Rajoy, aínda que supoñan “un grave prexuízo para Galicia”. Carmen Gallego acusa ao Presidente galego de promover “manobras de distracción” do debate político para silenciar os asuntos que están a afectar á cidadanía. “Prefire silenciar a enfrontarse aos problemas da cidadanía”, asevera a deputada socialista.

Reprocha aos populares ter “recorrido a Zapatero para que leve tamén a culpa desta suba das peaxes”, pero advirte que “tal ocorrencia pódeselles volver en contra e recorden os cidadáns que cos socialistas eliminábanse peaxes” e que “foi co Goberno de Aznar cando se ampliou a concesión ata 2048 da AP-9”.

A dirixente socialista sitúa esta acción do Goberno de Rajoy e respaldada por Feijoo no “plano ideolóxico”, na intención deste goberno de facer recaer o peso da crise nos máis febles fronte aos poderosos, que “poderán seguir sacando tallada”. No caso da AP-9, Gallego recorda que na época de Aznar xa se prorrogou a concesión cando xa estaba amortizada. Agora van incrementar as marxes de beneficio con esta suba, mentres os transportistas e os usuarios da vía para ir aos seus traballos serán un pouco mais pobres ca onte, pero menos que en setembro, cando haxa que engadir os tres puntos porcentuais de IVE, recorda Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar