Advirten da estratexia de Feijóo para reducir o control ao goberno e a defensa dos consumidores coa escusa da redución de custes

Advirten da estratexia de Feijóo para reducir o control ao goberno e a defensa dos consumidores coa escusa da redución de custes

Advirten da estratexia de Feijóo para reducir o control ao goberno e a defensa dos consumidores coa escusa da redución de custes

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, advertiu hoxe que o presidente da Xunta está a utilizar a redución de custes como coartada para reducir o control ao goberno e a defensa dos intereses dos consumidores. Así o dixo na comparecencia en Comisión do presidente do Consello Galego de Defensa da Competencia.

Caride advertiu da intención amosada por Feijóo no debate do Estado da Autonomía de fusionar o Consello Galego de Defensa da Competencia co Instituto Galego de Consumo, nun paquete de reducións que incluía a reforma do Valedor do Pobo, a supresión do Consello Económico e Social ou a fusión do Consello Consultivo co Consello Galego de Relacións Laborais.

Sinalou que “vía redución de custes está a xustificar un menor control do goberno e menor defensa dos consumidores e usuarios”. A responsable socialista dixo que a redución de recursos en realidade supón eliminar as posibilidades materiais de executar as súas funcións, reducindo as posibilidades de avaliar diversas cuestións que merman a competencia nun mercado como o galego e polo tanto prexudicando aos cidadáns.

A parlamentaria socialista dixo que “ter un organismo galego debe aportar aos galegos e galegas moito mais do que nos custa” e trasladoulle á Cámara a súa preocupación porque “está ben optimizar recursos públicos e aforrar no prescindible, pero debemos establecer garantías no control ao goberno”. Advertiu que no momento actual de crise económica “a defensa dos consumidores é mais necesaria que nunca”.

Caride reclamoulle ao PP e ao goberno galego que manteñan unha administración “próxima aos cidadáns” mantendo os organismos autonómicos para “atender as singularidades do mercado galego”. Respondeu así á proposta do Programa de Estabilidade do Reino de España 2012-15, que defende a supresión de órganos duplicados nas comunidades autónomas.

Decisións de oficio

A responsable socialista dixo que en lugar de reducir a competencias do Consello Galego de Defensa da Competencia, o seu labor debe “chegar mais aló e defender mais aos consumidores e usuarios galegos”. Neste sentido, propuxo habilitar a toma de decisións de oficio para actuar fronte aos problemas de competencia detectados sen necesidade de que exista denuncia.

Caride propuxo a posta en marcha dun estudo sobre a economía mergullada en Galicia para garantir a existencia de relacións laborais “a lo menos en igualdade de condicións”, xa que este fenómeno expulsa do mercado a empresas que operan en condicións legais “mentres capturan o mercado empresas que actúan de maneira ilícita e inmoral”. Desbotou así as declaracións dos parlamentarios do PP que apostaron por “non fixarse na economía mergullada” polo contexto de crise económica.

Tamén chamou a analizar a incidencia da morosidade comercial nas empresas, logo de que o Parlamento aprobara por unanimidade unha iniciativa para que a Xunta discrimine de xeito positivo ás empresas que se axustan aos prazos de pago. Advertiu que o o goberno galego “non é o mellor exemplo para fomentar a redución da morosidade” logo de constatar o peche de exercicio contable en setembro, rexeitando novas facturas.

Finalmente, reclamou as conclusións do estudo deste órgano sobre a situación do mercado de hidrocarburos, diante da “situación particular de Galicia neste mercado” logo de que se teña instalado a idea de que os combustibles son mais caros nesta Comunidade Autónoma “posiblemente debido a unha situación de ausencia da competencia”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar