Admitida a trámite a Lei da dignidade das persoas en situación terminal

Admitida a trámite a Lei da dignidade das persoas en situación terminal

Admitida a trámite a Lei da dignidade das persoas en situación terminal

O Pleno do Parlamento admitiu hoxe a trámite por unanimidade a proposición de Lei do Grupo Socialista “de dereitos e garantías da digniddae daspersoas en situacion terminal”. A iniciativa, defendida pola portavoz de Sanidade, Carmen Acuña, está dirixida a “dotar de respecto e dignidade ás persoas fronte á morte” e “aportar seguridade” aos profesionais “que nos axudan a diario a vivir e morrer”.

Acuña explicou que esta norma quere “normalizar o momento da morte” e facelo “mais doado, normal, humano e digno”, polo que instou aos grupos parlamentarios a “deixar a un lado intereses partidarios e políticos para traballar xuntos serenamente nun texto que dote de apoio, dereitos e garantías ás persoas que sofren”. Sinalou que “non por iso vai deixar de ser o final para o que se vai e doloroso para o que se queda”.

A responsable socialista explicou que a Lei mellora a calidade da morte de tódalas persoas a través dun texto “avanzado, moderno e respectuoso coas crenzas” que supón “o comezo, o primeiro paso para comezar a falar” da eutanasia e “chegar ata onde o conxunto dos grupos e a maioría parlamentaria nos permitan”.

Dixo que a iniciativa socialista está dirixida a humanizar o proceso de morrer sen provocalo nin prolongalo” facendo valer o principio da ortotanasia, ou o “dereito ao falecemento no momento axeitado” sen aplicar, dixo, “prolongacións irracionais”. Acuña explicou que o dereito a decidir “debe estar presente en toda a vida das persoas”.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista explicou que a norma defende a dignidade dos enfermos terminais para garantirlles unha correcta información e uns coidados acaídos para facer fronte á súa situación.

O texto consolida os dereitos dos enfermos terminais á información, á confidencialidade, á elección sobre a continuidade co suposto tratamento, ao rexistro da súa decisión, ao trato digno, á aplicación de coidados paliativos ou ao tratamento acaído da dor.

Médicos

Ademais inclúe os dereitos e deberes das persoas profesionais sanitarias e compaxina a garantía do dereito das persoas á morte digna coa obxección de conciencia destes profesionais. Dixo que a seguridade dos profesionais sanitarios debe “permitir tamén con tódalas garantías apartarse desa obriga” aos profesionais que así o decidan, “porque si non o queren facer non o van facer ben”.

Tamén regula as garantías de espazo e coidados que deben ofrecer os centros sanitarios aos enfermos e ás súas familias e determina o papel do Comité de Ética Asistencial como árbitro no momento en que falle o consenso entre as familias e os profesionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar