"Adeus" a Gallardón e "noraboa ás mulleres, ao feminismo e á sociedade que loitou polo dereito a decidir"

"Adeus" a Gallardón e "noraboa ás mulleres, ao feminismo e á sociedade que loitou polo dereito a decidir"

"Adeus" a Gallardón e "noraboa ás mulleres, ao feminismo e á sociedade que loitou polo dereito a decidir"

Carmen Acuña celebra a retirada da nova Lei do Aborto, unha “vitoria sobre o machismo de Rajoy, de Feijóo e do PP”.

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, deulle o “adeus” ao ministro de Xustiza, logo da retirada da Lei do Aborto. A responsable socialista ofreceu os seus parabéns “ás mulleres, ao feminismo e a toda a sociedade que loitou para que as mulleres conserváramos o noso dereito a decidir”.

A deputada socialista dixo hoxe que o ministro de Xustiza “tiña que se marchar porque a reforma da Lei do Aborto era un ataque sen precedentes á igualdade”, e que supón un paso mais na traxectoria de quen “se converteu no ministro da inxustiza”.

Acuña aplaudiu esta “vitoria das mulleres sobre o machismo de Rajoy, de Feijóo e do Grupo do PP no Parlamento de Galicia, que votaron a favor da reforma de Gallardón sempre que trouxemos á Cámara o debate sobre o aborto”. Dixo que “hoxe queda demostrado que a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, aprobada polo goberno de Zapatero, é a Lei que quere e defende e pola que loita toda España”.

Anunciou que “as mulleres galegas imos seguir loitando ata que se retire o recurso presentado por Rajoy fronte ao Tribunal Constitucional contra a Lei aprobada polo goberno socialista presidido por Zapatero”, logo de sinalar que “non sei si o PP entrou en razón ou lles entrou a razón electoral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar