Acusan de Feijóo de mentir con alevosía, cinismo e burla a funcionarios, pensionistas, aos estafados das preferentes e ao transporte sanitario

Acusan de Feijóo de mentir con alevosía, cinismo e burla a funcionarios, pensionistas, aos estafados das preferentes e ao transporte sanitario

Acusan de Feijóo de mentir con alevosía, cinismo e burla a funcionarios, pensionistas, aos estafados das preferentes e ao transporte sanitario

O Secretario de Organización, Pablo García, afirma que, en mes e medio, a cidadanía puido comprobar as mentiras electorais de Feijóo

Reprocha que o Presidente da Xunta, para presumir de non pedir o rescate, faga pagar a todos os galegos o déficit que pretende ocultar, un burato de 400 millóns de euros descuberto polo Consello de Contas

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, afirmou que esta mesma mañá se constataría como Feijóo “enganou aos funcionarios durante a campaña electoral, dicíndolles que xa fixeran contribución dabondo a esta crise”. García referíase a que a Xunta dará a coñecer o alcance das medidas polas que “vailles rebaixar o salario” aos funcionarios en 2013.

O número dous dos socialistas galegos, que explicou en rolda de prensa as conclusións da reunión da Permanente da Executiva do PSdeG-PSOE, engadiu os cargos de “alevosía, cinismo e burla” a acción de Feijóo a mes e medio de comezar a Gobernar, cando nas eleccións se comprometera a non facelo.

García estende o engano de Feijóo a outros colectivos, como fai cos funcionarios “igual fixo cos pensionistas aos que dixo que non lles ía baixar as pensións, ou cos afectados coas preferentes, a carón dos que estaremos mañá os socialistas na manifestación de Vigo, ou cos do transporte sanitario”, neste último caso tanto a empresas como a usuarios, pensionista e enfermos crónicos na súa maioría, aos que prometera que non se lles cobraría este tipo de traslados.

Reprocha ao Presidente da Xunta que “vaia presumindo de que Galicia non ten que pedir o rescate”, cando o que fai é “repartilo entre todos os galegos e galegas”. García acusa Feijóo de preferir que paguen todos os cidadáns o burato de 400 millóns descuberto polo Consello de Contas a recoñecer que precisa axuda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar