Acusan ao PPdeG de “renunciar ao autogoberno” ao defender a supresión do Consello de Contas, o IGE, o Valedor do Pobo e o Consello Consultivo

Acusan ao PPdeG de “renunciar ao autogoberno” ao defender a supresión do Consello de Contas, o IGE, o Valedor do Pobo e o Consello Consultivo

Acusan ao PPdeG de “renunciar ao autogoberno” ao defender a supresión do Consello de Contas, o IGE, o Valedor do Pobo e o Consello Consultivo

Xoaquín Fernández Leiceaga presenta en Comisión unha iniciativa para defender o mantemento dos órganos autonómicos que quere suprimir Rajoy e implantar un plan de aforro, que foi rexeitada polo PP

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga advertiu que “Galicia non debe renunciar ao autogoberno”, tal e como pretende o PP ao defender a supresión de organismos autonómicos proposta por Rajoy. Leiceaga presentou unha proposición non de Lei en Comisión para defender o mantemento destes entes e aplicar un plan de aforro, que foi rexeitada polo PP.

Leiceaga lembrou que o Programa de Estabilidade 2012-2015 presentado polo Goberno na UE establece a supresión de organismos como o Consello de Contas, o IGE, o Valedor do Pobo ou o Consello Consultivo, entre outros. Advertiu que esta decisión supón “rachar co marco xurídico básico do que nos temos dotado, a normativa de distribución de competencias e o autogoberno das comunidades autónomas.

O responsable socialista sinalou que esta decisión suporá un aforro estimado de 250 millóns de euros, o que supón “tan só entre 12 e 15 millóns de aforro en Galicia”. Apuntou que Rajoy “parece disposto a abrir un grave conflito coas autonomías cambiando a natureza do Estado a cambio dunha cifra de aforro ridícula comparada cos rescates bancarios ou coas cantidades entregadas aos directivos das entidades rescatadas”.

Leiceaga advertiu que “o aforro como relixión acaba converténdose nunha forma de narcotizar á sociedade”, xa que por limitar o gasto nesta cantidade provocan “unha menor transparencia, ausencia de control ao goberno e menor información específica, tan importante para tomar decisións eficaces”. Engadiu que nalgúns organismos sustentados por funcionarios a supresión “suporá tan só o aforro do salario do director”.

Nacionalidade histórica

O parlamentario socialista lembroulle ao PP que “somos unha nacionalidade histórica” e que con estas decisións “corremos o risco de que Euskadi e Cataluña nos superen e conten con competencias que on vamos ter”. Reclamoulle así ao PP “implicación na defensa do autogoberno” xa que considerou “posible o aforro sen transformar a natureza do Estado e cambiar os organismos”.

A proposta socialista inclúe que Xunta e os entes elaboren un plan de aforro que garanta a súa continuidade no período do programa de estabilidade e que permitiría aforrar “mais de 15 millóns de euros. Explicou que estes órganos poden “adelgazarse” e ser mais eficientes sen afectar á súa funcionalidade e “mantendo a súa integridade” mentres “determinados ministerios teñen propostas para un aforro maior mantendo a eficiencia”.

Fernández Leiceaga acusou ao PP de “negar a evidencia” ao tentar de desmentir a intención do programa de estabilidade cando este cita textualmente “supresión de órganos existentes en el Estado y duplicados por las CC.AA.” e a continuación establece un listado dos mesmos. Advertiu que “cada día mais os europeos deciden o que pasa en España, e pode ocorrer que nos esixan que cumpramos o programa de estabilidade”.

Rescate e regate

Fernández Leiceaga advertiu que “si Rajoy non pensa en cumprir o seu propio plan pode mermar a confianza e credibilidade do goberno”. Dixo que esta credibilidade “en só seis meses non parece que estea no mellor momento”, nomeadamente logo de que “Rajoy convertera o rescate financeiro no regate permanente” basculando na súa existencia e aplicación ata a solicitude final constatada hoxe.

Dixo que o empeño do goberno e do PP en xerar desconfianza fai entre outras cousas “que a prima de risco estea polas nubes”. Advertiu tamén que “si os fogares teñen cada vez menos gasto, as empresas menos incentivos para investir e o Estado gasta moito menos estannos condenando á recesión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar