Acusan ao PPdeG de “parchear” a Lei do Xogo e de abrir a porta a modificacións normativas “pola vía de atrás”

Acusan ao PPdeG de “parchear” a Lei do Xogo e de abrir a porta a modificacións normativas “pola vía de atrás”

Acusan ao PPdeG de “parchear” a Lei do Xogo e de abrir a porta a modificacións normativas “pola vía de atrás”

José Manuel Lage Tuñas lamenta o rexeitamento por parte do PP a unha proposición non de Lei socialista para consensuar unha nova norma adaptada ao novo marco regulador estatal e en materia de xogo “on line”

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, acusou ao PP de desbotar unha nova redacción da Lei do Xogo para actualizala ás novas circunstancias optando por “parchear” a través de regulamentos e decretos da Xunta e abrindo a porta a modificacións normativas “pola vía de atrás”.

Así o dixo logo do rexeitamento por parte do PP a unha proposición non de Lei debatida hoxe en Comisión parlamentaria na que Lage Tuñas instaba á Xunta a elaborar e aprobar un novo proxecto de Lei do Xogo de Galicia adaptándoa ao novo marco regulador estatal e en materia de xogo “on line”.

Lamentou que o PP “fuxa de calquera tipo de compromiso” ao rexeitar esta iniciativa demostrando que “non hai vontade de facer valer o marco competencial autonómico” e optan pola “fuxida cara adiante”. Salientou a importancia desta norma “en termos económicos e sobre todo de protección da saúde”.

O responsable socialista propuxo hoxe un acordo de consenso na Cámara para establecer “as medidas lexislativas necesarias para a protección daqueles colectivos mais sensibles coma son os menores e as persoas con hábitos irregulares de xogo insertos nas condutas de ludopatía”. Lamentou que o PP desbotara unha vez mais o consenso da Cámara diante dunha materia sensible como é a lexislación do xogo.

Lage Tuñas dixo que a modernización da lexislación “ten que supoñer mais protección no ámbito da saúde e permitir mellores instrumentos” con este obxectivo, para o que resulta “imprescindible un acordo” na Cámara autonómica. Dixo que “non hai impedimento” para que a Xunta poña en marcha o proceso lexislativo, xa que o contrario sería “poñer parches”.

Advertiu que esta negativa “dará mais que falar no Parlamento nos próximos meses”, xa que “estamos nun momento moi delicado” e o Goberno galego está obrigado a “explicar as súas decisións para saber a quén se beneficia e a quen prexudica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar