Acusan ao PP de “substituír dereitos por beneficencia” ao eliminar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Acusan ao PP de “substituír dereitos por beneficencia” ao eliminar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Acusan ao PP de “substituír dereitos por beneficencia” ao eliminar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Beatriz Sestayo advirte que os recortes en atención social perpetrados polo PP deixan a un milleiro de maiores de 65 anos sen axuda a domicilio

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou ao PP de “substituír dereitos por beneficencia” ao ter recortado os orzamentos do Plan Concertado de Servizos Sociais nun 42,4 por cento. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta garantira a cobertura a tódolos servizos deste instrumento, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista sinalou que este recorte drástico nos orzamentos xerais por parte do goberno de Rajoy, que coincide coa retirada dos fondos por parte da Xunta, deixa a mais de 1.000 maiores de 65 anos sen atención a domicilio só en Galicia. Sinalou que estas persoas “quedan illadas na casa, sen atención, salvo que teñan recursos económicos suficientes” mentres sitúan “fora do sistema” ás persoas sen recursos.

A realidade, dixo, é que a Xunta está a afogar aos concellos que teñen que prestar estas axudas retirándolles os cartos e deixando a 70.000 dependentes “pendentes de trámite”. Sestayo lembrou que o Consello de Diplomados en Traballo Social ten alertado de que os recortes asestados polo PP aos servizos sociais tanto en Galicia como en España supón un retroceso de mais de 20 anos.

Apuntou tamén da situación de “emerxencia social” que provocan os recortes do PP aos mais humildes ao ter suprimido o dereito á gratuidade dos libros de texto, a eliminación das medidas de inclusión social, dos servizos de atención ás familias, a atención ás persoas en risco de exclusión, o recorte ao 50 por cento das políticas de loita contra a pobreza ou a desaparición dos centros de integración social.

Os socialistas reclamaron hoxe á Xunta que garanta a cobertura dos servizos sociais municipais correspondentes ao Plan Concertado mantendo a estrutura de financiamento deste para que a Xunta cumpra a súa función de “instrumento igualador social”. Preguntou neste sentido “onde están os cartos do Plan Concertado” que o goberno central transferiu á Xunta para que esta llelos remita aos concellos.

En lugar diso, dixo, o Goberno galego pecha os centros de protección de menores de Ferrol e Ourense, eliminan os pisos tutelado para afectados de VIH, suprimen os equipos de inclusión social nas sete grandes cidades e o Consorcio das Mariñas, así como os centros de día, residencias e infraestruturas sociais.

Cobertura

Os socialistas reclamaran hoxe á Xunta que garantira “a cobertura de todos os servizos municipais integrados no Plan concertado de servizos sociais, mediante un financiamento axeitado por parte da Xunta de Galicia que non sexa, ao menos, inferior ás contías de 2009”.

Tamén reclamou derrogar o decreto de servizos sociais sociocomunitarios, manter a estrutura de financiamento do Plan Concertado e priorizar as políticas e servizos sociais de atención primaria e especializada dentro do orzamento autonómico e nas políticas de actuación da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar