Acusan ao PP de ser “a maior incertidume” para o sistema de público de saúde

Acusan ao PP de ser “a maior incertidume” para o sistema de público de saúde

Acusan ao PP de ser “a maior incertidume” para o sistema de público de saúde

O Pleno aproba unha iniciativa socialista en contra de “calquera medida que supoña desprotección contra enfermidade por limitación de recursos económicos”

Modesto Pose criticou que “aproveitan a crise” para “resucitar a cartilla de pobre” na cidadanía

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, acusou ao PP de encarnar “a maior incertidume” para o sistema público de saúde. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei socialista en contra da desprotección por enfermidade pola limitación de recursos económicos coa que “poñen en cuestión” a sanidade pública que foi aprobada por unanimidade.

O responsable socialista criticou que o PP cualifique o sistema sanitario de “insostible” e advertiu que “ninguén se preocupa de mellorar a xestión nin de buscar o incremento de recursos”. Criticou que o PP busca “cobrar pola asistencia sanitaria” e acusan aos socialistas de despilfarro mentres constrúen “aeroportos sen avións, estacións sen trens ou trens sen poboación”.

Dixo que os socialistas “somos os mais interesados en aumentar a sostibilidade do sistema”, mentres, advertiu, Cidade Real, Valencia, Castellón ou Galicia, precisamente as autonomías mais despilfarradoras baixo gobernos do PP, sexan hoxe “os que mais acusan”.

Criticou que o PP queira “aproveitar a crise” para “resucitar a cartilla de pobre” nos comedores, as universidades e na sanidade para copagar os servizos públicos. Criticou que malia que o PP diga que este modelo supón “catro cafelitos”, a realidade é que, por exemplo, unha persoa en activo con EPOC que teña que pagar o 50 por cento abonará 74 euros do total de 148 que custa a medicación dun tratamento estándar.

Pose sinalou que o sistema sanitario español sexa “o mais económico” da UE coa maior calidade asistencial, xa que en relación co PIB, é o mais barato tan só superado por Finlandia, Irlanda e Luxemburgo. Explicou que España ten un gasto sanitario total do 8,4 por cento do PIB, semellante a países cun sistema de sanidade pública como Reino Unido -8,4 por cento- ou Italia -9 por cento-.

Explicou que, malia que coa crise a porcentaxe de custe aumentou pola redución de ingresos, situouse no 9 por cento, aínda por debaixo de países como Francia ou Alemaña, que superan o 11 por cento. Ademais, engadiu, é o sistema mais racional por canto a esperanza de vida só é superada por Xapón Suecia ou Australia.

Ademais, cun menor custe en España hai a menor mortalidade neonatal logo de Xapón, a menor morte por cancro de mama, a terceira por cancro de pulmón e a cuarta por cardiopatía isquémica. Sinalou que “non estamos tan mal” e acusou ao PP de buscar un modelo semellante ao dos Estados Unidos, que ten unha esperanza de vida “semellante á de Albania”.

Turismo sanitario

O responsable socialista replicoulle ao PP desmentindo o discurso do “turismo sanitario” por canto os 2,3 millóns de europeos residentes en España están “cubertos” con 3.600 euros ao ano por persoa procedentes da UE, cando o custe sanitario medio polos cidadáns españois é de 1.500 euros.

Engadiu que os visitantes por vacacións “traen a tarxeta sanitaria europea”, polo que cando son atendidos o custe é facturado, e explicou que “Andalucía ten facturados 26 millóns de euros” por este concepto que serán abonados no sucesivo.

Texto da iniciativa:

“O Parlamento galego acorda opoñerse a calquera medida que supoña desprotección contra enfermidade por limitación de recursos económicos, e insta á Xunta de Galicia a continuar xestionando de forma eficiente os recursos dispoñibles, para seguir garantindo a asistencia sanitaria pública, de calidade e sen custe adicional para os usuarios, financiada a través dos impostos como ata a data, independentemente dos recursos económicos dos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar