Acusan ao PP de obstaculizar a aplicación dun réxime excepcional para a produción de enerxía eléctrica en Galicia

Acusan ao PP de obstaculizar a aplicación dun réxime excepcional para a produción de enerxía eléctrica en Galicia

Acusan ao PP de obstaculizar a aplicación dun réxime excepcional para a produción de enerxía eléctrica en Galicia

p>Méndez Romeu reclamou no Parlamento incentivos para garantir a viabilidade do Plan Eólico que foron rexeitados polo PP

O portavoz de Economía, Industria e I+D do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao PP de ter obstaculizado a aplicación dun réxime excepcional para a produción de enerxía eléctrica en Galicia. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei socialista para que a Xunta reclame do goberno incentivos que garantan a viabilidade do Plan Eólico, rexeitada polo PP.

No debate en Comisión parlamentaria advertiu que a desaparición das primas para produción de enerxía renovable de xeito “unilateral e drástico”, por parte do Goberno central a través do Decreto 1/2012, ten provocado que as iniciativas industriais incluídas no concurso eólico “deixa de ser viable”. Isto fai que as empresas implicadas non poidan manter o réxime de ingresos.

Dixo así que o concurso eólico, presentado polo goberno galego “como un Eldorado para Galicia”, revelouse como “un mais dos anuncios irreais” que ven presentando Feijóo e que supón desandar o camiño do concurso elaborado na pasada lexislatura para “1.000 días mais tarde chega a ningures”. Apuntou que o balance da xestión económica e industrial da Xunta dende a chegada do PP constitúe “fracaso sobre fracaso”.

Lembrou que o Goberno galego anunciara o concurso como un “recurso infinito, inagotable e gratuíto como o vento acadaría un investimento de 6.000 millóns de euros sen que as administracións puxeran nada”. Dixo que “a realidade é que non queda nada nos 2.300 MW anunciados nun plan industrial sen precedentes que crearía 12.000 postos de traballo.

Dixo así que o silencio do Goberno galego resulta “incomprensible” especialmente cando o goberno central “parece sensible ás peticións doutras comunidades con problemas singulares” que os levou a aprobar a excepcionalidade insular para Canarias. Dixo que Galicia “debe facer valer a súa posición” como unha das principais produtoras de enerxía eléctrica do Estado, permitindo o cumprimento da directiva comunitaria 20-20-20.

Tribunal Supremo

O responsable socialista tamén lamentou que o impulso reivindicativo de Feijóo fronte a Zapatero quede agora “en nada” diante de Rajoy ao votar en contra da proposta socialista de interpoñer un recurso ante o Tribunal Supremo contra a devandita norma instando á súa suspensión cautelar na busca de marxe temporal para desenvolver os investimentos do concurso eólico.

Lembrou así que o conselleiro de Industria anunciara que “torpedearían” calquera intento de minorar as primas un 40 por cento, e cando Rajoy decidiu suprimilas na súa totalidade “decidiron calar”. Advertiu que este silencio contrasta coa “belixerancia” amosada contra o decreto do carbón, que recorreron infrutuosamente tantono Tribunal de Estrasburgo como no Supremo.

A realidade, dixo, é que o decreto de supresión das primas evidenciou que Feijóo “carece de capacidade de influenza sobre o novo goberno de España malia que sexa a terceira autonomía en potencia eólica instalada”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar