Acusan ao PP de impedir unha atención sanitaria de calidade, universal, pública e gratuíta para os doentes crónicos

Acusan ao PP de impedir unha atención sanitaria de calidade, universal, pública e gratuíta para os doentes crónicos

Acusan ao PP de impedir unha atención sanitaria de calidade, universal, pública e gratuíta para os doentes crónicos

Carmen Acuña presenta unha Proposición non de Lei para que a Xunta aprobe un Plan de atención a crónicos que é rexeitada polo PP na Comisión de Sanidade

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe o PP de “impedir” unha atención sanitaria de calidade, universal, pública e gratuíta para os doentes crónicos. Acuña presentou unha Proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta a aprobación dun Plan de atención a estes doentes, que foi rexeitada polo PP na Comisión de Sanidade do Parlamento.

Acuña lamentou a falla de compromiso dos “populares”, aos que acusou de “querer enredar” coa “pantomima” de presentar unha emenda a esta iniciativa que excluía deliberadamente que esta atención fora “de calidade, universal e gratuíta”. Criticou o empecinamento do PP en aplicar recortes drásticos “en aras dunha sostibilidade falsa para xustificar copagos, taxas e recortes”.

Explicou que actualmente “estanse dispensando fármacos 3 veces mais caros sen que a conselleira e a ministra de Sanidade pestañeen”, o que demostra que as propostas do PP en favor da sanidade pública son “intentos de utilizar o Parlamento torticeiramente para enganar co único obxectivo de saír nos xornais”.

Advertiu así que a conselleira de Sanidade ten anunciado unha Estratexia para a atención a enfermos crónicos mentres “recortan 90 millóns de euros” os recursos para o nivel de atención primaria que debera acoller esta iniciativa, facéndoa virtualmente imposible.

Accións illadas

Acuña reclamou un Plan de atención a estes enfermos especialmente sensibles e usuarios necesariamente habituais da sanidade pública. Reclama unha iniciativa “da que participen as asociacións de crónicos e profesionais” con experiencia, que trate “aspectos sociosanitarios imprescindibles, e non un conxunto de accións illadas”, como as que anuncia a Consellería de Sanidade.

Advertiu que o modelo do PP, aplicado en Valencia, “pasa por limitarse a colocar unhas maquinitas nos domicilios dos doentes crónicos que se quedan obsoletas, gastan cartos e non valen para nada, só para enriquecer a algún amigo empresario próximo que as venda”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar