Acusan ao PP de entender os servizos sociais “como caridade” e desmantelar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Acusan ao PP de entender os servizos sociais “como caridade” e desmantelar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Acusan ao PP de entender os servizos sociais “como caridade” e desmantelar o Plan Concertado de Servizos Sociais

Carmen Gallego sinala que os 662.515 galegos por debaixo do limiar da pobreza é “a mostra mais evidente do fracaso das políticas do PP”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou que ao PP “non lles importan” os galegos en dificultades, xa que entenden os servizos sociais “como caridade e non como xustiza social”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha Proposición non de Lei para recuperar o investimento do Plan Concertado de Servizos Sociais como mínimo ao nivel de 2011.

Gallego explicou que o aumento das persoas en risco da exclusión social en Galicia, con 662.515 galegos e galegas por debaixo do limiar da pobreza -segundo a Rede Galega contra a Pobreza-, constitúe “a mostra mais evidente do fracaso das políticas do PP”.

A responsable socialista denunciou que, fronte á difícil situación dos galegos, con 300.000 parados, 90.100 fogares con tódolos seus membros desempregados e 30.000 sen ingresos, a resposta do PP sexa desmantelar o Plan Concertado. Explicou que con este Plan os concellos prestan servizos sociais para persoas en pobreza, en risco de exclusión ou dependentes, con financiamento propio e dos gobernos central e autonómico.

Reclamoulle así ao PP que “rexeiten os recortes do goberno central” para manter a cifra “cando menos no nivel de 2011”, que recuperen o servizo de teleasistencia que veñen de suprimir, e que no Goberno galego repoñan o orzamento de 2011. Explicou que “con iso poderiamos salvar algo dos servizos sociais que prestan os concellos.

Advertiu que os concellos galegos, mentres ven cómo os gobernos do PP reducen drasticamente as partidas para servizos sociais, ao tempo teñen prohibido endebedarse, co que “teñen que optar entre ofrecer servizos ou deixar á xente tirada”.

Carmen Gallego sinalou que “rectificar é de sabios”, polo que animou ao PP a apoiar esta iniciativa e emendar así os orzamentos aprobados no Pleno de onte, nos que foron rexeitadas as iniciativas socialistas para reforzar os servizos sociais. Lembrou que “hai partidas na Consellería de Benestar sen destino específico que poden evitar o drama social que supón negarlle prestacións básicas a quen menos ten”.

Partidas

A parlamentaria socialista lembrou a redución drástica de orzamentos do Plan Concertado baixo o goberno do PP, a máxima dende a súa constitución por un goberno socialista nos anos 80. Así, apuntou que no último ano de goberno de Zapatero Galicia percibiu mais de 7,2 millóns de euros, que se reduciron con Rajoy a 3,9 en 2012 e 2,2 en 2013, cunha redución do 65 por cento en só dous anos.

A situación é semellante co Goberno de Feijóo, que pasou dos 20,5 millóns de euros en 2009 a 16 en 2010 e 2011, para continuar reducindo ata 12,4 millóns de euros en 2012 e, finalmente, tan só 8,6 millóns nos orzamentos de 2013 aprobados onte, malia os descensos das partidas do goberno central e a situación de grave crise económica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar