Acusan ao PP de empregar a nova Lei de Costas para perpetuar Ence 75 anos máis na Ría de Pontevedra

Acusan ao PP de empregar a nova Lei de Costas para perpetuar Ence 75 anos máis na Ría de Pontevedra

Acusan ao PP de empregar a nova Lei de Costas para perpetuar Ence 75 anos máis na Ría de Pontevedra

Patricia Vilán afirma que a emenda do PP ao seu texto permitirá á Xunta emitir informa desfavorable e que o Goberno prorrogue a concesión acolléndose ao interese xeral

Susana Bayo, responsable de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE denuncia que o texto do PP, que superou o trámite no Congreso, non resolve os problemas de núcleos históricos a carón do mar como A Illa, Ribeira, Marín, Vilaboa e Moaña

A Secretaria de Medio Ambiente da Executiva do PSdeG-PSOE, Susana Bayo e a parlamentaria socialista, Patricia Vilán, explicaron en rolda de prensa a posición dos socialistas galegos ante o debate definitivo da Lei de Costas, que queda pendente do seu paso polo Senado para a súa aprobación definitiva.

Susana Bayo recordou que o PSOE presentara unha emenda á totalidade, que foi rexeitada, e tamén se presentaron emendas parciais do PSdeG que correron a mesma sorte pola maioría do Partido Popular. Estas emendas pretendían “evitar que se perpetúe Ence na súa actual ubicación” en Lourizán e para resolver o problema dos concellos con núcleos históricos a carón do mar, como A Illa de Arousa, Ribeira, Marín, Vilaboa e Moaña.

A parlamentaria socialista, Patricia Vilán, referiuse de xeito máis concreto á relación da Lei de Costas co traslado das instalacións de ENCE fóra da ría antes de 2018. Parecía que a posición do Partido Popular, a raíz do acordo parlamentario acadado na anterior lexislatura, era favorable a que se trasladase a empresa de celulosa fóra da ría de Pontevedra antes do 2018. Un acordo que se complementaba co incentivo de novos proxectos empresariais que permitan pechar o ciclo do papel en Galicia.

A socialista denunciou que nos últimos tempos tanto a empresa como o PP parecen non ter intención de cumprir estes prazos para efectuar o traslado de ENCE de Lourizán.

Vilán acusa ao PP de “protexer máis os intereses da empresa que os do medio ambiente”. De feito, insiste a deputada, o conselleiro delegado de ENCE; Ignacio Colmenares, xa manifestou nos medios de comunicación o seu convencemento de que vai seguir 75 anos máis.

Para a socialista existe unha estratexia pola que o Partido Popular “salve a cara a Feijóo” a través dun informe de impacto ambiental, pero logo desde o Goberno de Madrid se poderá manter a ubicación actual da celulosa grazas a que a lei inclúe no artigo 2 que o Estado pode obviar o informe autonómico argumentando o interese xeral. “Para Feijóo sería a excusa perfecta: A Xunta di que non o recomenda, o Estado non fai caso e prorroga a concesión a ENCE e Feijóo queda libre de culpas”.

“Se o fútbol foi de interese xeral con Álvarez Cascos, agora probablemente argumenten a situación de crise”, apunta Vilán.

A portavoz de Medio Ambiente da dirección do PSdeG, Susana Bayo, rexeitou a Lei de Costas que impulsa o Goberno do PP porque esnaquiza dun plumazo todo o avance de recuperación e protección das costas que se fixera nos últimos 30 anos. Susana Bayo citou de xeito concreto os avances durante o Goberno de Zapatero, como a Lei de Protección do Medio Mariño, a ampliación da Rede Natura Mariña e a máxima protección das zonas de humidais. Recordou que coa mesma administración socialista se asegurou a integridade do dominio público marítimo-terrestre, acadando o 96% do litoral deslindado en 2011.

Para os socialistas, o novo texto “racha co consenso institucional e o compromiso que se acadou para darlle o máis alto nivel de protección a este ben público”, criticou a responsable de Medio Ambiente da dirección socialista. “Esta lei róuballe ao cidadán a titularidade pública do chan litoral para colocalo en mans privadas”, aseverou.

Outra eiva da lei detectada polos socialistas é que non se teñen en conta os efectos do cambio climático contrastados e preditos pola comunidade científica. O texto, continuou Bayo, non se resolven os problemas dos núcleos costeiros galegos, como se esixía coas emendas socialistas.

Con esta nova Lei de Costas obtense unha prórroga extraordinaria para as concesións existentes da industria extractiva, enerxética, química, petroquímica, téxtil ou papeleira.

Así, as concesións que deberan expirar en 2018 prorrogaríanse 75 anos máis con soamente un informe previo do órgano ambiental autonómico.

A valoración global da Lei de Costas para os socialistas é a dunha volta a 40 anos atrás na lexislación de costas, unha lei feita ad hoc para que se destrúa a nosa costa facendo propiedades privadas urbanizables.

Susana Bayo afirma que que a Lei de Costas “ven demostrar que o PP sigue a construír un país que non pensa no desenvolvemento sostible, senón na volta a trás e a recuperación de políticas pasadas que para nada pensan na conservación do noso contorno e no futuro da nosa comunidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar