Acusan ao PP de contribuír ás desigualdades sociais no acceso á xustiza a través do “taxazo” de Gallardón

Acusan ao PP de contribuír ás desigualdades sociais no acceso á xustiza a través do “taxazo” de Gallardón

Acusan ao PP de contribuír ás desigualdades sociais no acceso á xustiza a través do “taxazo” de Gallardón

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Dolores Rodríguez Amoroso, ven de defender unha proposición non de lei para que a Xunta esixira a retirada do anteproxecto que pretende o aumento e introdución de novas taxas xudiciais

O “taxazo” de Gallardón impón taxas para o acceso á xustiza ás persoas físicas, o que provocará na práctica que as persoas e familias con poucos ingresos, pero por riba dos que marca a xustiza gratuíta, veranse seriamente prexudicados

A socialista considera que o acceso á xustiza, universalizado polos socialistas na transición, volvería a incluír elementos de diferenza social e económica da época predemocrática

A parlamentaria socialista, Dolores Rodríguez Amoroso, defendeu en Comisión unha proposición non de lei pola que se instaba ao Goberno galego a demandar do Goberno do Estado a retirada do anteproxecto de lei que contempla o aumento xeneralizado das taxas xudiciais e a introdución de novas taxas.

A deputada socialista acusou ao PP de querer implantar unha Xustiza para os cidadáns que teñan recursos e outra para aqueles que non dispoñen de recursos económicos. “Coma sempre, beneficiando a aqueles que máis teñen en detrimento dos que menos teñen”, critica a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista.

Rodríguez Amoroso apunta que a imposición de taxas, nalgúns casos moi elevadas, a xuízo dos socialistas, “é un sistema que crea e contribúe ás desigualdades”. Porque “os ricos seguirán litigando e os que teñen unha situación económica axustada non poderán facelo por non dispoñer de cartos para aboar a taxa que lle permita acceder á Administración de Xustiza. “Exactamente igual que no franquismo”, afirmou.

Reprochou aos populares a fidelidade ao seu “mantra” de cargarse os servizos públicos. “Día tras día recortes en sanidade, en educación, en xustiza … obviando que cada euro que recortan incide directamente na vida das persoas”.

A introdución de taxas ás persoas físicas para acceder á xustiza “é algo moi grave que afecta de xeito directo á cidadanía galega, por ser os galegos os que teñen uns salarios e pensións máis baixas”, advirte Rodríguez Amoroso.

A deputada socialistas tentou sen éxito o apio dos populares galegos “a milleiros de galegos que manifestamos o noso rexeitamento a introdución de taxas para as persoas físicas que quere introducir Gallardón” e impedir así que se viole o dereito á tutela xudicial efectiva, como asegura que sucede co proxecto de lei do ministro de Xustiza.

Apelou a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista ás críticas que recibiu por tódolos estamentos da administración de xustiza, dende xuíces, ata avogados e procuradores.

Así, o Consello Xeral da Abogacía Española e o Consello da Avogacía Galega manifestaron a súa oposición á aprobación das novas taxas, cualificando a proposta de inadmisible. Igualmente o fixo o Colexio de Procuradores de España, que as considera esaxeradas.

Tamén se manifestou en contra o Consello Xeral do Poder Xudicial, por considerar o incremento excesivo, exorbitante, ademais de entender que ten un efecto disuasorio evidente á hora de pleitear, “obxectivo que non dubidamos é o que persigue o ministro Gallardón co taxazo”, afirma Rodríguez Amoroso.

Concretamente, o Consello, no informe a este anteproxecto di literalmente que a modificación obedece a exclusivos motivos de oportunidade política e económica.

A parlamentaria socialista rexeitou os argumentos populares para rexeitar a súa iniciativa. En primeiro lugar, o do foro de debate, xa que ao contrario dos populares, Amoroso si lle parece pertinente tratar o asunto no Parlamento de Galicia, pois “atinxe aos dereitos dos galegos e das galegas, que sempre defenderemos os socialistas galegos”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar