Acusan ao PP de consolidar a presenza de Ence na Ría de Pontevedra durante 75 anos mais

Acusan ao PP de consolidar a presenza de Ence na Ría de Pontevedra durante 75 anos mais

Acusan ao PP de consolidar a presenza de Ence na Ría de Pontevedra durante 75 anos mais

Patricia Vilán advirte que a convocatoria dunha campaña para a mellora da imaxe da factoría evidencia unha estratexia conxunta co Goberno para prorrogar a súa ubicación

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou que PP consolida a presenza de Ence na Ría de Pontevedra durante 75 anos mais a través da modificación da Lei de Costas que foi aprobada onte na Comisión de Medio Ambiente do Congreso. Así o dixo no debate dunha pregunta oral, hoxe en Comisión no Parlamento de Galicia.

Vilán presentou unha pregunta sobre o concurso para contratar a campaña de mellora de imaxe que presentou Ence ao tempo que no Congreso o PP “consolida con absoluto descaro a radicación desta planta na Ría de Pontevedra e na súa actual radicación, abrindo a posibilidade de que a mencionada consolidación poida acadar os 75 anos”.

A parlamentaria pontevedresa acusa ao PP de incumprir descaradamente o acordo unánime do Parlamento para retomar as conversas coa empresa e “atopar unha nova situación respectuosa co medio ambiente, fóra da ría de Pontevedra, para desenvolver a súa actividade industrial”.

Sinala que a pasteira leva ocupando unha importante superficie en plena ría de Pontevedra dende os anos sesenta, nunha zona de marisma e cun importante banco marisqueiro nas augas adxuntas, onde Ence estivo vertendo todo tipo de elementos contaminantes durante anos, hoxe depositados no fondo da ría.

Concurso

Vilán presentou hoxe unha pregunta ao Goberno para clarexar se o concurso para a mellora da imaxe de ENCE estaría relacionado coa intención da Xunta de informar positivamente o informe de impacto ambiental ao que se refire o proxecto de reforma da Lei de Costas.

Os socialistas entenden que a convocatoria dun concurso internacional para mellorar a imaxe da fábrica, cuxas bases están colgadas na páxina web, “parece significar a pretensión de mantemento da planta na ría de Pontevedra” sen variar a súa situación xeográfica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar