Acusan ao goberno de Feijóo de deixar o turismo en situación de coma

Acusan ao goberno de Feijóo de deixar o turismo en situación de coma

Acusan ao goberno de Feijóo de deixar o turismo en situación de coma

O deputado Luis Gómez Piña afirma que o balance dos tres anos de lexislatura de Feijóo, tanto desde o punto de vista do PIB, a ocupación ou os orzamentos levou ao sector a unha das peores situacións polas que ten pasado

O parlamentario socialista, Luis Gómez Piña, ven de acusar ao Goberno galego de deixar ao Turismo en Galicia en “situación de coma”. O balance dos tres anos de lexislatura de Núñez Feijóo, tanto desde o punto de vista do PIB, a ocupación ou os orzamentos, levou a este sector a unha das peores situacións polas que ten pasado, a xuízo dos socialistas.

Por iso sorprende ao deputado socialistas que se producira en Comisión a comparecencia a petición propia da Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, a que recriminou de todos modos que “viñera falar de plans, cando a final de lexislatura o que tería que vir é a falar de resultados”.

Gómez Piña salientou a importancia do sector do Turismo, que presenta o 10,6% da economía, e, en 2010, proporcionaba o 11,5% dos postos de traballo, uns 135.000.

O socialista reprobou a decisión do Goberno de trasladar, en xaneiro pasado, a súa área de Cultura ao de Presidencia, “para pasar a estar tutelada directamente por Feijóo”, pero “apenas vimos cambios na senda dos datos negativos do Turismo” en Galicia. A única consecuencia do cambio visible ata o de agora, segundo os socialistas, son os atrancos para a refundación e organización dos organismos dependentes deste área.

O deputado do PSdeG-PSOE lembrou á responsable de Turismo da Xunta que executa o seu último presuposto, e, por tanto, cumpría que, en lugar de falar de plans, comparecera para facer balance.

Un balance que si fixo o propio Gómez Piña, quen recordou ao Goberno a diferenza entre as previsións de incidencia no PIB do Xacobeo de 2010, entre o 1% e o 1,5% e a real, do 0,3%.

Recriminou á Secretaria de Turismo o “fracaso da coordinación dos aeroportos”, así como o comportamento notablemente peor da Comunidade galega respecto do Estado en canto a viaxeiros. O decrecemento no noso país é do -16%, e en españa do -5,4%. A caída dos aeroportos de Vigo e A Coruña, nos primeiros cinco meses de 2012 foi do 26,61% en A Coruña e do 22,24% en Vigo.

As pernoctacións ao longo destes tres anos de Goberno Feijóo baixaron en Galicia, mentres medraban no conxunto de España. As estadías medias, de 3,3 en España, só acada os 2,13 en Galicia. Os datos de ocupación en aloxamentos hostaleiros tamén son negativos, apunta o deputado socialista. Así, segundo os datos do INE, a rendabilidade media do sector hostaleiro a abril do 2012, o ingreso medio por habitación en España era de 68,1€e en Galicia de 54,9€. O diferencial de lucro por habitación ocupada, en España de 36,8€ e en Galicia de 16,3€, representando unha caída de -7,6 con respecto ao ano anterior na nosa comunidade.

A rendabilidade do sector hoteleiro está en datos negativos, polo que, conclúe Piña, a valoración global da xestión do sector é “altamente negativa”. Algo no que inflúe a caída “escandalosa” dos Orzamentos de Turismo, dun 36,35%.

Recriminoulle tamén á Carmen Pardo a paralización da Lei de Turismo de 2008, por “oportunismo político”, xa que se mantivo o 70% do contido lexislativo. Criticou finalmente aos populares que tiveran falado dun Plan de Acción de Turismo, que contaba entre os seus obxectivos incrementar o peso do sector no PIB, mellorar os salarios, a estadía media, etc. Luis Gómez Piña cualifica de “fracaso” este plan de acción 2010-2013, ata o punto de afirmar á Secretaria Xeral de Turismo que, “o Presidente da Xunta debera estar reflexionando sobre a súa continuidade”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar