Acusan ao Goberno de desmantelar o Estado de Benestar a través da reforma da Lei de Dependencia

Acusan ao Goberno de desmantelar o Estado de Benestar a través da reforma da Lei de Dependencia

Acusan ao Goberno de desmantelar o Estado de Benestar a través da reforma da Lei de Dependencia

Margarita Pérez Herraiz, Coordinadora de Benestar do PSdeG, afirma que os populares non creen no sistema de Benestar

Lamenta que Feijóo e Mato sexan cómplices de medidas como a supresión do convenio coa Seguridade Social dos coidadores familiares, un medio polo que moitas mulleres accedían á cartilla sanitaria e obtiñan o dereito a xubilarse no futuro

Os socialistas replican aos populares que hai que tender á profesionalización, pero non cortando dereitos e salarios aos que están a substituír a actual falta de coidados profesionais

A Coordinadora da área de Benestar da Executiva socialista, Margarita Pérez Herraiz, acusou aos gobernos de Rajoy e de Feijóo de estar “desmantelando o Estado de Benestar”, e proba de lo son tanto as modificacións da lei de Dependencia e como a inclusión dos discapacitados no copago.

Pérez Herraiz recrimina ao PP que non procurara o mesmo consenso para a modificación do texto lexislativo que se acadara para a súa aprobación, impulsada polo Goberno socialista. Para a dirixente do PSdeG “é evidente que o Sistema de Dependencia está a ser sistematicamente atacado polo PP desde que chegou ao Goberno, porque non creen nel”, aseverou.

A responsable de Benestar da Executiva do PSdeG-PSOE fixo un percorrido polas medidas de recorte de Rajoy e de Feijóo que “ataca ás persoas con dependencia e ás súas familias, un colectivo especialmente vulnerable”. Incremento do IRPF, copago farmacéutico, redución das medicinas financiadas, atraso de ata tres anos na incorporación ó sistema dos dependentes moderados, redución nos Presupostos Xerais do Estado das cantidades destinadas á Dependencia, copago polos servizos, son algunhas das “cargas de profundidade lanzadas polos populares para desmantelar o sistema de benestar”.

A estes recortes engadiu Pérez Herraiz, a redución da prestación económica polos coidados no entorno familiar, dun 15%, en Galicia afecta a case 15.000 persoas, e a suspensión do convenio coa Seguridade Social para os coidadores familiares, case 7.500 en Galicia.

Tamén detectan os socialistas unha demora na tramitación de prestacións económicas no entorno familiar, de 6 meses a 2 anos.

Estas últimas medidas, coa supresión de niveis, as xustifican desde o Goberno na intención de primar a atención profesional sobre a familiar, ao que replica a dirixente socialista que “hai que tender aos coidados profesionais, pero dándoos e non cortando salarios e dereitos a que substitúe esa falta de coidados profesionais existente”.

En referencia á suspensión do convenio especia coa Seguridade Social para os coidadores non profesionais, Margarita Pérez Herraiz considera que se trata dun “ataque contra os dereitos de moitas mulleres”, que grazas á lei cotizaban na Seguridade Social, obtendo o dereito a unha pensión e a unha tarxeta sanitaria. Agora terán que soportar unha redución do 15% na prestación e asumir o custe da cotización se queren manter eses dereitos. “Parece mentira que, coñecendo a realidade das mulleres galegas, especialmente as do rural, Feijóo e Mato sexan cómplices e comparsas destas medidas”, dixo.

EN GALICIA A ATENCIÓN CHEGA A MENOS DEPENDENTES

Denunciou que, en Galicia, se está a atender a menos porcentaxe de poboación que na media do Estado, a pesares de que habitan máis persoas maiores de oitenta anos, que son os principais destinatarios deste tipo de prestacións.

Así en España o 54,02% dos beneficiarios das prestacións son maiores de 80 anos (62,47% mulleres e 37,36% homes). Mentres no conxunto do Estado os maiores de 80 anos supoñen o 5,28% da poboación, en Galicia esta porcentaxe elévase ata o 7,30%. En termos de porcentaxe respecto á poboación, o 1,63% da poboación ten prestacións, nivel que en Galicia descende ata o 1,31%.

Pero onde máis relevante se fai a diferenza coa media estatal é na porcentaxe de persoas que tendo dereito a ela, reciben unha prestación de dependencia. En Galicia, o 59,44% das persoas con dereito reciben unha prestación, mentres que a media de cobertura en España é case 15 puntos superior, chegando ao 74,79%.

A 1 xullo de 2012, había 90.052 solicitudes e tramitáronse 81.248 ditames, cunha diferenza de 8.804 persoas que quedaron sen ditaminar.

Á mesma data, das 61.715 persoas con dereito a prestación en Galicia, só 36.686 eran beneficiarias dalgunha prestación. En decembro de 2008, co anterior goberno, Núñez Feijóo denunciaba e consideraba inadmisible que houbera un atraso nos ditames que afectaba a 8.429 persoas, practicamente a mesma ratio, pero cunha importante diferenza que sinala Pérez Herraiz: “As 31.689 persoas con dereito a prestación, tiñan a súa prestación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar