Acusan a Xunta e PP de “burlarse da angustiosa necesidade de traballo” no naval de Ferrol

Acusan a Xunta e PP de “burlarse da angustiosa necesidade de traballo” no naval de Ferrol

Acusan a Xunta e PP de “burlarse da angustiosa necesidade de traballo” no naval de Ferrol

Méndez Romeu critica que o PP rexeite en Comisión unha proposta para financiar o dique flotante de Navantia

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou á Xunta e ao PP de “burlarse da angustiosa necesidade de traballo” do naval de Ferrol ao rexeitar hoxe en Comisión unha iniciativa socialista para que a Xunta propoña en dous meses un sistema de financiamento para o dique flotante de Ferrol.

Méndez Romeu denunciou o “xogo dos espellos e burla ás persoas” por parte do PP, que logo de votar na pasada semana unha emenda socialista aos orzamentos para destinar 5 millóns de euros a esta infraestrutura, ese mesmo día votaba en contra no Congreso. Sinalou que onte mesmo o ministro Montoro negábase a asumir este compromiso en resposta a unha pregunta do senador socialista Javier Losada.

O parlamentario socialista dixo que o PP, coa súa estratexia de “xogo das aparencias e enganos”, en realidade “oponse a que o Goberno galego se coloque á fronte da manifestación de Ferrol cun compromiso firme fronte ao goberno central”.

Advertiu que Feijóo “o único que ofrece é promesas cada vez que hai eleccións, pero logo de que pasen os anos non hai nin propostas”. Así, lembrou que dos 43 buques publicitados polo presidente da Xunta “a realidade é que non hai ningún nas gradas”, xa que “ten anunciado as características pero sen ter contratos asinados”.

Dixo que o goberno galego reclama “confianza como un acto de fe” con relación aos contratos para Navantia ou os buques da petroleira mexicana Pemex, cano a realidade é que “logo dun ano de Rajoy e catro de Feijóo non hai ningún compromiso firme nin data concreta para unha solución sequera parcial”.

Lamentou que o PP permaneza tanto en Madrid como en San Caetano “mudo, silente” fronte ao “pronunciamento unánime da sociedade” fronte ao “desmantelamento industrial do norte da Coruña” co peche de empresas ou a desaparición da actividade produtiva. Lembrou que o Plan Ferrol “pasou a ser historia”, e os gobernos do PP carecen de iniciativas de reindustrialización ou de captación de investimentos.

Escusas

Lamentou que o PP “resucite o suposto veto de Bruxelas” a esta infraestrutura cando hai posibilidades de dialogar co goberno central, o que evidencia que emiten “escusas para dilatar” a infraestrutura. Dixo que “hai que xogar no marco comunitario actual, que non é certo que sexa prohibitivo, senón que é restritivo”.

A proposta socialista establecía instar ao goberno galego a “propoñer un sistema de financiamento dun dique flotante para Navantia, acorde co marco estatal e comunitario de axudas públicas, no prazo de dous meses”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar