Acusan á Xunta e ao PPdeG de utilizar a actividade do Parlamento “para a súa campaña publicitaria” de xullo

Acusan á Xunta e ao PPdeG de utilizar a actividade do Parlamento “para a súa campaña publicitaria” de xullo

Acusan á Xunta e ao PPdeG de utilizar a actividade do Parlamento “para a súa campaña publicitaria” de xullo

Abel Losada cualifica de “petición trampa” a solicitude do PP para constituír a Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou á Xunta e ao PP de utilizar a actividade do Parlamento de Galicia “para a súa campaña publicitaria” de xullo. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces para acordar a orde do día dun Pleno Extraordinario para a próxima semana unicamente cos debates solicitados polo PP.

Losada sinalou que esta sesión non inclúe a creación da Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas e as indemnizacións aos exdirectivos, malia que o presidente da Xunta teña comprometido o inicio das sesións deste órgano no próximo mes. Dixo que a solicitude rexistrada polo PP constitúe unha “petición trampa” por canto constitúe o órgano ao remate do proceso de recapitalización da entidade.

O responsable socialista dixo hoxe de novo que a transparencia resulta “fundamental” para xerar confianza no sistema financeiro galego, en contra do argumento do PP, que rexeita a constitución da Comisión de Investigación para escatimar datos ao Parlamento e polo tanto á cidadanía.

Deputación Permanente

Abel Losada confirmou que os socialistas manteñen activa a solicitude de convocatoria dunha Deputación Permanente na que se debata a solicitude do Grupo Socialista de constituír a devandita Comisión de Investigación. Tamén solicitou a comparecencia de Feijóo para dar conta do estado do sistema financeiro e da situación económica e laboral de Galicia.

Os socialistas galegos reclaman tamén á Xunta que presente dous recursos de inconstitucionalidade contra os decretos de recortes na sanidade e a educación de Galicia por invasión das competencias autonómicas. Tamén reclamou o inicio da tramitación das iniciativas lexislativas populares para o mantemento do Preescolar na Casa e da defensa e promoción da sanidade pública de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar