Acusan á Xunta de “usurpar as funcións dos deputados e dos grupos parlamentarios” rexistrando un suposto documento de acordo sobre a PCP que non existe

Acusan á Xunta de “usurpar as funcións dos deputados e dos grupos parlamentarios” rexistrando un suposto documento de acordo sobre a PCP que non existe

Acusan á Xunta de “usurpar as funcións dos deputados e dos grupos parlamentarios” rexistrando un suposto documento de acordo sobre a PCP que non existe

Marisol Soneira denuncia un “asalto ao poder lexislativo” e anuncia unha queixa formal á Presidencia do Parlamento para pedir a retirada dos documentos

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou á Xunta de “usurpar as funcións dos deputados e dos grupos parlamentarios” para rexistrar no seu nome un suposto documento de acordo sobre a PCP que en realidade non existe. Soneira acusou ao Grupo Popular de utilizar o Parlamento “ao servizo do Goberno” para xustificar unha iniciativa parlamentaria.

Soneira anunciou unha queixa formal diante da Presidencia da Cámara por este “asalto” e “agresión sen precedentes” á autonomía do Parlamento por parte de quen “non sabe o que é diferenciar o lexislativo da labor do goberno”. Engadiu que esta “manipulación sen precedentes dos servizos da Cámara por parte do Grupo Popular ten a súa xénese en alguén que na súa condición de secretario da Mesa debera de coidar a súa actuación”.

A parlamentaria socialista explicou que a orixe desta situación xurde onte ás 09,37 h., cando entra polo rexistro un escrito da dirección xeral de Relacións Institucionais con membrete da Xunta e do Parlamento un suposto “Ditame básico dos Grupos Parlamentarios de cara á elaboración dunha postura única de Galicia ante a proposta de reforma da PCP”.

Soneira dixo que dito documento é falso xa que, malia que o grupo de traballo foi constituído en cumprimento dun acordo parlamentario, finalmente os grupos non acadaron un acordo para presentar dito ditame conxuntamente coa Xunta. Por este motivo, dixo, a Xunta “vulnera, minte e engana á primeira institución do país”, malia que, xa pola tarde, enviaran unha corrección de erros pero mantendo as súas pretensións.

O motivo, explicou, é que ás 09,49 h. foi rexistrada unha proposición non de Lei do Grupo Popular en base a este documento “co único obxectivo de que entrara na Mesa do Parlamento das 10,30 h. e que puidera incluírse no próximo Pleno da Cámara. Salientou que o Grupo Popular “sabía previamente da existencia deste documento, xa que rexistraron a iniciativa antes de que ser repartido aos grupos ás 09,59 h. da mañá”.

Explicou que os socialistas galegos presentaron unha queixa formal á Presidencia da Cámara para reclamarlle unha nova cualificación dos documentos remitidos pola Xunta e da proposición non de Lei do PP “baseada en feitos falsos”. Sinalou que esta situación resulta “impropia dunha institución democrática, e a Presidencia do Parlamento debe vixiar para que estas cousas non ocorran”.

Advertiu que “si son capaces de facer isto nun Parlamento cómo nos imos fiar das afirmacións dun presidente da Xunta que chama mentirosos aos socialistas por afirmar que o exercicio orzamentario de 2011 fora pechado a 30 de setembro para que onte viñera a interventora xeral da Xunta a confirmar esta data de peche”.

PCP

A responsable socialista presentou neste sentido unha proposición non de Lei para acadar unha posición de consenso diante da negociación da nova Política Común de Pesca e que esta aborde a modificación do Principio de Estabilidade Relativa, garantindo que a pesca e o marisqueo acedan ao mesmo marco normativo que o resto dos sectores económicos da UE.

Reclama tamén que a sustentabilidade medioambiental vaia acompañada da sustentabilidade sociolaboral, así como o establecemento dun sistema de dereitos transferibles de pesca de ámbito comunitario, permitindo a libre circulación destes de conformidade co Acordo de Lisboa excluíndo á flota artesanal e de baixura, así como o marisqueo.

Os socialistas propoñen que as políticas de despezamento de buques teñan en conta o esforzo dos países membros para adaptar a flota histórica aos recursos existentes. Sinala que a nova PCP debe incluír un marco normativo que apoie, consolide, modernice e forneza a pesca artesanal e de baixura, xa que constitúe un “instrumento fundamental de cohesión social, económica e laboral de toda a franxa litoral galega”.

Tamén reclama que contemple o marisqueo a pé como unha parte da PCP na nova reforma, integrando esta actividade en tódolos seus programas e accións e recoñecendo á muller mariscadora como un dos eixos vertebradores da sociedade mariñeira e a súa contribución á economía e á sociedade do litoral.

Reclama así mesmo que o Fondo Europeo Marítimo e Pequeiro cumpra a función de modernización e dinamización da pesca e do marisqueo “dun xeito máis áxil, máis flexible e máis fácil na súa tramitación”. Os seus efectos, engadiu, deben estenderse ao desenvolvemento integrado das comarcas pesqueiro-dependentes “incluíndo no seu financiamento do marisqueo a pé e a acuicultura en tódalas súas formas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar