Acusan á Xunta de tratar de xeito “indigno” aos cidadáns da Mariña cun Hospital da Costa con medios “mais propios dun hospital de campaña”

Acusan á Xunta de tratar de xeito “indigno” aos cidadáns da Mariña cun Hospital da Costa con medios “mais propios dun hospital de campaña”

Acusan á Xunta de tratar de xeito “indigno” aos cidadáns da Mariña cun Hospital da Costa con medios “mais propios dun hospital de campaña”

Ismael Rego presentou unha proposición non de Lei para ampliar o Hospital e reducir as listas de espera e o desprazamento de pacientes, evitando a atención en barracóns, que foi rexeitada polo PP

Afirma que ao presidente da Xunta e ao PP “se lles acabou o tempo de promesas e estudos sobre o que non levan feito nos últimos tres anos, agora son tempos de render contas diante dos cidadáns”

O parlamentario socialista Ismael Rego acusou á Xunta de “tratar cunha indignidade intolerable” aos pacientes do Hospital da Costa, que están a ser atendidos en barracóns “mais propios dun hospital de campaña que dun centro sanitario do século XXI”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para ampliar o centro, que foi rexeitada polo PP.

Rego esixiulle hoxe á Xunta, a través desta iniciativa, que “habilite os recursos e medidas precisas para poñer en marcha o Plan director e arquitectónico para a ampliación do Hospital da Costa, en liña co recollido no plan funcional elaborado polo anterior goberno”. Lembra así que o actual goberno da Xunta conta no seu poder co Plan funcional dende o ano 2009 sen que ata o momento o puxera en marcha.

Recordoulle ao PP que a súa primeira decisión con relación á Mariña cando chegaron á Xunta foi paralizar unha partida de 9,3 millóns de euros programada polo anterior goberno para a ampliación do Hospital

O parlamentario da Mariña advirte que este documento apunta “as necesidades do centro para atender á poboación que ten asignada, sen que polo de agora se adoptase ningunha medida para abordar a situación cada vez máis precaria do hospital na prestación dun servizo público esencial para a cidadanía da Mariña”.

Explica que a situación ten chegado a un punto tal de “ter que habilitar galpóns prefabricados para consultas coma se dun auténtico hospital de campaña se tratase”, e desafiou aos membros do PP a sinalar explicitamente “si consideran soportable a situación que están a vivir os cidadáns atendidos no Hospital da Costa”.

Dixo que “non hai dereito, os cidadáns da Mariña pagan os seus impostos e teñen dereito a unha atención sanitaria homologable ao resto de Galicia” mentres o goberno galego os condena a “volver á precarización de medios, a saturación total das instalacións e os desprazamentos constantes de hai 20 anos”.

O responsable socialista criticou que a situación actual deste centro constitúe “o mellor reflexo das consecuencias dunha xestión nefasta da política sanitaria por parte de Feijóo e do seu goberno”. Rego cualificou de “degradante, intolerable e insoportable” a situación na que a Xunta gobernada por Feijóo está a someter aos 70.000 habitantes da Mariña luguesa que “teñen dereito a un centro hospitalario en condicións propias do século XXI”.

Dixo que “nunca antes na historia da autonomía houbo ninguén capaz de someter á sanidade pública a tal nivel de degradación como o goberno presidido por Feijóo”. Engadiu que “claramente está orientando a súa estratexia a establecer unha sanidade de beneficencia para a xente con menos recursos e unha sanidade privada de elite para as clases mais pudientes da sociedade”.

Rendir contas

O parlamentario socialista afirmou hoxe que “ao presidente da Xunta e ao PP se lles acabou o tempo de promesas e estudos sobre o que non fixeron en tres anos, agora é o son tempos de render contas diante dos cidadáns”. Apuntou que a situación do Hospital da Costa é “un caso de falla de vontade política e de non entender a necesidade imperiosa duns cidadáns aos que atenden nunhas condicións que non merecen”.

Texto da iniciativa sometida a votación e rexeitada hoxe polo PP:

“O Parlamento insta ao Goberno Galego a:

1- Que se tomen as medidas precisas para poñer en marcha,antes de que finalice o ano,as obras que figuraban no plan director de infraestruturas para a ampliación do Hospital da Costa

2- Que estableza un plan específico para ampliar a carteira de servizos, os recursos materiais e persoais,co obxectivo de manter a autonomía de xestión da área sanitaria da Mariña e reforzar a súa capacidade asistencial

3- Que poña en marcha inmediatamente un plan específico para a redución das esperas sanitarias e desprazamentos de doentes a outros centros de referencia”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar