Acusan á Xunta de suprimir os dereitos laborais dos funcionarios

Acusan á Xunta de suprimir os dereitos laborais dos funcionarios

Acusan á Xunta de suprimir os dereitos laborais dos funcionarios

Beatriz Sestayo presenta unha iniciativa para que a Xunta manteña os postos de traballo, os salarios e os dereitos dos traballadores públicos que é rexeitada polo PP

A portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou á Xunta de provocar a “intolerable supresión dramática de dereitos laborais dos funcionarios”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei na que os socialistas reclamábanlle á Xunta que mantivera os postos de traballo, salarios, complementos e dereitos dos funcionarios, que foi rexeitada polo PP.

Denunciou a “desvergonzada fraude electoral” perpetrada por Feijóo contra os funcionarios públicos, aos que prometeu, antes da campaña electoral, manter intactas as súas condicións laborais para proceder ao recorte salarial 20 días despois das eleccións autonómicas. Acusou á Xunta de “chantaxear e castigar aos empregados públicos” ao ameazalos con expulsar a 3.000 empregados ou recortar un 6 por cento das retribucións.

Denunciou que “ademais dos salarios, en Galicia dáse un recorte do descanso” da fin de semana que evidencia as “prácticas totalitarias” do goberno de Feijóo, que decide “suspender unilateralmente” a aplicación do convenio colectivo suprimindo o descanso dos traballadores do servizo de extinción de incendios e do persoal sanitario.

Advertiu que este persoal “non vai poder descansar nas fins de semana”, o que “vulnera a lexislación laboral”, e nomeadamente a Lei de Prevención de Riscos Laborais. Lembrou que este persoal “non pide unha contraprestación económica” xa que “o que queren é disfrutar dos días estatutarios que fan necesaria a súa tarefa diaria nos servizos públicos”.

Lembrou que a Xunta mesmo “vulnera a sentenza do TSXG dando a razón aos traballadores” xa que continúa mantendo en suspenso o artigo deste convenio asinado pola propia Xunta.

Folla de ruta

Sestayo denuncia que evidencia a “folla de ruta” do PP que “castiga aos traballadores dos servizos públicos mais claramente privatizados” e apunta que “queren impoñer os taxazos xudiciais para evitar que os traballadores non poidan defender os seus dereitos, non vaia ser que manteñan amala costume de recorrer ante os abusos da Xunta”.

Criticou o “valor” do PP de falar de recortes provocados pola austeridade “coa que está caendo no PP con Bárcenas, as viaxes a Suíza a blanquear diñeiro, ou os cobros en sobres”.

O PP rexeitou a proposta socialista que reclamaba á Xunta “respectar todos os postos de traballo da función pública, así como todos e cada un dos seus salarios e complementos sen que sufran ningún recorte nin ningunha merma nos dereitos laborais dos empregados públicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar