Acusan á Xunta de “recortar no ensino precisamente cando a xente necesita estudar”

Acusan á Xunta de “recortar no ensino precisamente cando a xente necesita estudar”

Acusan á Xunta de “recortar no ensino precisamente cando a xente necesita estudar”

Xoaquín Fernández Leiceaga advirte que o recorte empeorará a calidade do ensino e advirte que “a austeridade sen crecemento só trae máis austeridade e perder as eleccións, como sucedeu en Francia”

O portavoz de Ensino do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe á Xunta de amosarse “dispostos a poñer menos diñeiro precisamente cando a xente está mais necesitada de estudar”. Así o dixo no debate dunha Interpelación sobre a aplicación dos recortes de Rajoy en Galicia e a súa repercusión no “empeoramento da calidade do ensino”.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de incumprir os seus compromisos electorais ao recortar o ensino público a pesares do incremento da demanda educativa para mellorar a competitividade e garantir o acceso ao mercado laboral. Explicou que o abandono escolar redúcese precisamente polo alto nivel de paro, e lembrou que na pasada lexislatura Galicia xa contaba cun índice de abandono menor que o Estado.

Advertiu que as medidas de recorte decretadas polo ministro Wert van afectar á calidade do ensino, tal e como sinalan os informes, as APAs e os sindicatos, e apelou á responsabilidade do goberno galego para “utilizar as posibilidades do noso autogoberno para que isto non sexa así”. Lembrou que as eleccións francesas evidencian que a austeridade sen crecemento “só traen mais austeridade e perder as eleccións”.

Apuntou que o propio presidente da Xunta entende o decreto de recorte nos servizos públicos aprobado por Rajoy resulta “nocivo” para o sistema educativo, o que explica a “marcha atrás e certa distancia” adoptadas polo goberno galego. Reclamoulles así que se comprometan a explicar si van aplicar ou non estas medidas en Galicia.

Lembrou que “dende hai tres anos escoitamos con frecuencia que a dilixencia e a previsión da Xunta” ao recortar os orzamentos da educación e facendo desaparecer a centos de docentes facían a Galicia “inmune” a novos axustes. Advirte que malia este esforzo “vemos que o tratamento de Galicia é o mesmo que a Valencia, Baleares, Castela – A Mancha ou Cataluña, cualificadas de manirrotas e irrespnsables”.

Así, Leiceaga advertiu que pedirá ao Parlamento que vote en contra do incremento do 20 por cento de alumnos por aula, xa que é unha medida que habilita o decreto de recortes no ensino. Ademais, sinalou que esta norma converte o recente incremento de horas lectivas dos profesores no mínimo establecido, abrindo a porta a un novo incremento, e preguntou qué sucederá en Galicia neste sentido.

Leiceaga preguntou tamén cál será a situación das baixas e cómo garantirán a súa cobertura, xa que, anunciou, o Goberno permite que os alumnos permanezan ata dúas semanas sen o profesor dunha asignatura. Tamén preguntou si a eliminación transitoria dos complementos variables, que incentivaban o esforzo, será aplicada tamén ao resto da función pública.

Ensino universitario

Con relación ao ensino universitario, o parlamentario socialista sinalou que o incremento das taxas universitarias suporá un incremento de 1.500 ao ano por alumno, o que supón que “para os catro anos que dura un grao supón un desembolso importante para as familias”. Reclamoulle á Xunta si garantirá que “ningún estudante poida deixar de manterse na universidade por motivos económicos”.

Leiceaga reclamoulle ao goberno galego que utilice a súa capacidade de autonomía para adiar os novos ciclos formativos de FP. Sinalou que a obriga legal de ofertar a lo menos dúas modalidades de bacharelato ou módulos de FP é opcional para as autonomías, xa que o decreto establece que “poderán anticipar a aplicación das medidas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar