Acusan á Xunta de querer desmantelar a rede de prevención e atención das drogodepencias

Acusan á Xunta de querer desmantelar a rede de prevención e atención das drogodepencias

Acusan á Xunta de querer desmantelar a rede de prevención e atención das drogodepencias

Carmen Acuña reuniuse coa Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias e outras Condutas Aditivas e trasladoulle a presentación dunha emenda aos Orzamentos e unha moción municipal esixindo a permanencia dos servizos nos concellos

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha emenda parcial pola que se esixe a recuperación dos 2M€ para os programas e servizos de atención e prevención das drogodependencias que o Goberno Feijóo retirou dos Orzamentos de 2013.

Así o trasladou aos representantes da Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias e outras Condutas Aditivas a parlamentaria Carme Acuña, durante unha xuntanza de traballo mantida no Grupo Parlamentario Socialista.

Os profesionais das drogodependencias trasladaron á portavoz de Sanidade socialista a preocupación polas consecuencias dos recortes orzamentarios. Advirten da desaparición dos programas e servizos de prevención, dunha redución temeraria da asistencia e dunha drástica redución das axudas ás ONGs e Asociacións implicadas na prevención e atención.

Acuña coincidiu no diagnóstico cos representantes da asociacións de profesionais e denunciou que a Xunta “decidiu desmantelar a rede de asistencia e prevención en materia de drogodependencias” ao pouco tempo de ter anunciado a “bombo e platillo” un programa plurianual 2011-2016, que obviamente non se vai cumprir.

Serán os concellos os que queden coa carga económica dos programas e coa responsabilidade sobre o persoal laboral co que non poderán cargar os concellos sen o apoio económico da Xunta. Ata o de agora 17 profesionais xa perderon o seu posto de traballo, e é previsible que a cifra se incremente.

Os socialistas someterán á Cámara unha emenda aos Orzamentos da Xunta de 2013 para recuperar os cartos destinados á atención á drogodependencia. Acuña comprometeuse tamén coa asociación profesional a presentar en todos os concellos mocións esixindo o mantemento dos niveis de Programas e Servizos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar